TAUMÁTROPO
Enviado por Mª José J. Valbuena o Xov, 29/03/2012 - 10:29
Esta semana fixemos unha actividade moi chuli na clase de plástica: un taumátropo. Para que saibades como facelo aquí tedes un vídeo...
E agora as fotos da elaboración dos nosos taumátropos, inda que nós fixémolos con lá e quizais sexa mellor empregar goma coma no vídeo...
As imaxes que empregamos foron: un paxaro e a súa gaiola, un peixe e a peceira; e un barco e o mar...pero podedes facelo de moitas cousas. Animádevos, ¡é moi sinxelo!
COLOREANDO...
RECORTANDO...
PREPARADOS, LISTOS...ACCIÓN!
SE QUERES FACER UN TAUMÁTROPO COMA OS NOSOS PREME AQUÍ