Festival Intercentros 2017

Este ano para o Festival Intercenros preparamos a linda canción de Pablo Díaz "Queremos galego", na que reivindicamos a importancia que ten para nós o noso idioma e aprendimos unhas cantas frases típicas galegas. Ademais fixemos un precioso mural no que aproveitamos estas frases e, por detrás, puxemos o que significaba cada unha.

Premendo na primeira imaxe veredes os ensaios do festival e, na segunda, veredes a nosa marabillosa actuación.