CHEGOU O SAMAÍN

Neste curso 2015/2016 festexamos o Samaín como todos os anos, decorando cabazas, acudindo ao cole disfrazados e disfrutando da exposición de cabazas para poder ver o traballo de todos os nosos compañeiros e compañeiras.

Para os cursos de 3º e 4º de primaria contamos coa colaboración dos monitores do Concello de Narón e no caso das demais clases foros os propios titores e especialistas os que se encargaron de realizar o taller de decoración de cabazas contando coa axuda do alumnado maior da escola.

Moitas grazas ás familias por aportar as cabazas e materiais diversos para decoralas, ao ANPA por montar a exposición e decorar a escola, e  a todo o profesorado e alumnado por esforzarse un ano máis para que todos e todas poidamos festexar e vivir esta festa un ano máis.

GRAZAS!