4º curso EI

MURAL DE SAMAÍN

POLO SAMAÍN FIXEMOS UN MURAL CUN CASTELO NO QUE HABITABAN UNS SERES QUE DABAN MOITO MEDO... ERAN MEIGAS, ESQUELETES, VAMPIROS, PANTASMAS... SEGURO QUE COÑECEDES A ALGÚN DELES...

TEDE COIDADO PORQUE ALGÚN DURME PRETO DE VÓS ;-)

 

 

SAMAÍN EN 3 ANOS

DURANTE UNS DÍAS ESTIVEMOS A FACER UN MONTÓN DE ACTIVIDADES RELACIONADAS CO SAMAÍN QUE PODEDES VER NA PRESENTACIÓN. GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORÁCHEDES CON MATERIAL E CABAZAS E, TAMÉN,  AOS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA QUE COLABORARON CON NÓS NA DECORACIÓN DAS CABAZAS.

 
 

Aniversario de Germán, Marta e Yissel

Este xoves tivemos outro cumple na clase...que guai!!! Despois de comer a torta puidemos xogar un ratiño e mentres as profes puxéronnos moi guapos con maquillaxes e purpurina. Pasámolo xenial!

 


A MOSCA CHOSCA

"A mosca chosca" é un conto da editorial Kalandraka que está na biblioteca do noso cole. Gústanos moitísimo así que seguro que xa vos falamos del na casa. É un conto no que van aparecendo distintos animais moi simpáticos: o morcego chairego, a moucha repoucha, o sapo castrapo...

Aproveito para dicirvos que inda que nós levaremos para casa sempre que poidamos un conto, as familias podedes vir á biblioteca da escola tódolos días de 16.00 a 17.00 para ver contos e libros. 

 

ARCIMBOLDO 2º parte

Aquí tedes os traballiños que fixemos inspirándonos no cadro "O outono" de Arcimboldo. A que son máis chulis os nosos?

Como base empregamos patacas, pimentos, sandías e piñas...un pouco de cor e despois a poñer ollos, narices e bocas... Sinxelo e bonito :-)

ARCIMBOLDO

Estes días estivemos observando o cadro de Arcimboldo titulado "O outono". É un cadro con froitas que forman unha cabeza dun home. Os nen@s din que parece un pirata. E vos que opinades?

 

Fixemos un pequeno traballo que está exposto na corredoira da nosa escola e dentro duns días poñeremos na web :-)

Ademais, o martes fomos a aula de música para xogar no encerado dixital a facer caras con froitas...foi moi divertido!! Para os que queirades xogar na casa esta é a dirección do xogo.

http://www.madenglishouse.eu/bitacora/?p=701

Facendo zume de laranxa

Esta semana fixemos zume de laranxa, mmmmmmmm que rico!!!!

Aproveitando que estamos a coñecer un pouco as froitas...qué mellor que probalas... 

Quen dixo que os peques non podiamos facer cousiñas na cociña???

P.D: Premede no altavoz da presentación que esta ten música :-)


Froitos do outono: a granada

Coa chegada do outono hai moitos froitos interesantes pata probar e falar deles. Hai uns días saimos ao patio a buscamos ourizos e castañas xunto ao castiñeiro que hai no patio da escola.

 


Esta semana a profe trouxo ourizos, castañas e unhas granadas. A continuación tedes unha presentación do momento no que vimos e probamos as granadas. Qué ricas!!!

DE DONDE VEÑEN AS FROITAS?

ESTA SEMANA CELEBRAMOS NO COLE "A SEMANA DA FROITA". CADA DÍA Á HORA DE SAIR AO PATIO PODIAMOS COMER UNHA SABOROSA FROITA: O LUNS, PLÁTANO; O MARTES, MAZÁ; O MÉRCORES,  MANDARINA; O XOVES PERA....QUÉ RICAS TODAS!!! A FAVORITA O PLÁTANO SEN DUBIDALO, QUE SORTE QUE O VENRES TOCOU PLÁTANO OUTRA VEZ :-)

POR ISO NA CLASE ESTIVEMOS A FALAR DE ONDE VEÑEN AS FROITAS...E HAI MOITAS TEORIAS:

  1. DO SUPERMERCADO
  2. DA AUGA
  3. DA TERRA
  4. DAS ÁRBORES

AQUÍ ESTAMOS COLOREANDO A OPCIÓN ESCOLLIDA...CASE TODOS PENSAMOS QUE SAEN DA TERRA. HABERÁ QUE SEGUIR INVESTIGANDO!!!

ANIVERSARIO DE NAJAT E JIMENA

ESTE VENRES CELEBRAMOS O CUMPLE DE NAJAT E JIMENA, AS DUAS COMPIS QUE CUMPLEN ANOS NO MES DE SETEMBRO. A CONTINUACIÓN TEDES UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN COAS FOTOS DA CELEBRACIÓN. ESPERAMOS QUE A DISFRUTEDES.

 

Distribuir contido