2º curso

Recursos web sobre Naron

Nesta presentación podedes atopar máis información sobre o proxecto de Narón e unha serie de enlaces web no que podedes atopar a información necesaria sobre distintos aspectos do noso Concello.

Debaixo da presentación tamén podedes descargar o documento e picar directamente nos enlaces para que sexa máis sinxela a busca.

Esperamos vos sexa moi útil!!

                           

 

Documento de texto

Halloween

Ademais do Samaín, quixemos coñecer e festexar a festa americana do Halloween, sobre todo tendo en conta que este ano temos un novo profe no cole, Frank, que ven dende Estados Unidos a ensinarmos a falar mellor en inglés.

Nesta presentación podedes ver o que fixemos

Samaín

Para celebrar o Samaín, e lembrando a tradición, os alumnos e alumnas do cole fixemos cabazas para unha exposición.

Nesta presentacion podedes ver como quedaron as nosas. Esperamos vos gusten!!

PROXECTO NARÓN

                           

Se  queredes  buscar  máis  información  sobre  este  temas,  debaixo  podedes  atopar  un  documento  con  unha morea de webs que vos poden resultar úteis.

Webs  de  información  sobre  Narón

Xogos populares en Aldeanova

¡Benvidos e benvidas a un novo curso no CEIP Ponte de Xuvia!

Xa  chegou un novo curso e, para comezar con bo humor e xogando, que mellor que ir de excursión!!

Esta vez tocou ir a Aldeanova xa que o ano pasado non disfrutamos das súas actividades.

Alí nos ensinaron moitas cousas sobre os xogos populares galegos e disfrutamos un montón coas nosas estupendas monitoras, Verónica e Beatriz, que nos explicaron todo con moito agarimo. Graciñas ás dúas!!

Picando nas imaxes podedes ver os vídeos da nosa excursión.         

 

Dot painting australiano

Para coñecer un pouco máis Australia estudamos unha das artes propias dos seus aborixes: o Dot Painting ou puntillismo.

Aquí podedes ver algunhas fotos e un vídeo mentres traballamos e os resultados do noso esforzo. Mirade que bonitos!!

 
 

O NOSO LIBRO DOS BULBOS

Este ano fixemos un traballo de investigación sobre a plantación, coidados e  tipos de bulbos. 

Aquí tedes o resumo do que fixemos en forma de revista. Noraboa a todos os que participastes na elaboración desta mostra porque fixestes un traballo moi fermoso.

Espero que no futuro continuedes a disfrutar nas vosas casas do pracer de plantar no outono e sentir a ledicia de ver as flores na primavera.                                         

  entrada ISSUU

 

CERTAME INTERCENTROS 2012

Un ano máis participamos no Certame Intercentros no Pazo da Cultura de Narón.

Aquí están as fotos dos momentos de preparación no cole.

Moitas grazas a tódalas familias pola vosa colaboración.

VISITA A AQUACIENCIA E SGHN

O día 11 fomos visitar Aquaciencia:un parque adicado a dar a coñecer as diferentes posibilidades da auga. O día foi típico de primavera con choiva e claros, pero nós non perdimos as ganas e, armados de paraugas, poidemos disfrutar das instalacións. Tamén tivemos tempo para coñecer a nova sé da Sociedade Galega de Historia Natural. O museo é fermosísimo e o monitor José compartiu con nós algunhas das moitas cousas que coñece sobre animais e plantas. Disfrutade das fotos e deixádevos caer polos museos da comarca que gardan moitas sorpresas!

MURAL DE AUSTRALIA

No porche da escola podedes visitar o mural que fixemos con tódalas informacións que coñecimos neste proxecto de Australia co que estivemos traballando todo o trimestre. Moitas grazas a todos os pais e nais pola vosa colaboración no proxecto.

 

Distribuir contido