Radio Ponte

Bookfluencers Episodio 1

Coñeces o clube Bookfluencers?... No? pois a que esperas!! Libros, lectura, contos, curiosidades, amigos, Nicoleo e todos os que queirades participar... neste clube, cabemos todos!!! Podedes participar enviando contos, recomendacións de libros etc... ao mail radiopontexubia@gmail.com, veña animádevos.

"Uns minutos con: Red Natura 2000"

Jesús de Red Natura 2000 e tras facer unha excursión con nós pola contorna explicándonos cousas do ecosistema, concediunos unha entrevista moi interesante sobre a fauna e a flora do noso concello, non vos perdades detalle.

Entrevista "Volvendonos máis sensibles"

Hoxe traémosvos un novo episodio do programa "Uns minutos con", que adoitamos facer cando alguén ven ao colexio e queremos facerlle unha entrevista. Nesta ocasión facemoslla a Yessica, que estivo desenvolvendo uns obradoiros sobre sensibilidade ao Envellecemento e ás Diversidade Funcional, esperamos que aprendades tanto coma nós.

Presentadores e guión: Celso, Naomi e Erea. Técnico: Celso.

Isto é Vida Episodio 6

Para rematar esta serie de Episodios de Isto é Vida, polo momentootro equipo de alumnos de 5º EP inventan unha historia sobre a importancia da rehabilitación para recuperar as funcións do aparello locomotor e ademais contarannos curiosidades , todo cun chisco de humor. Esperamos que vos guste!!!

Isto é Vida Episodio 5

Nesta nova entrega de "Isto é Vida", os alumnos de 5º de EP falan do sistema nervioso e os órganos dos sentidos, traennos curiosidades, e fannos reflexionar sobre as consecuencias de non ter bos hábitos de sono. Esperamos que vos guste e aprendades moito. Guión orixinal, selección de músicas e presentación: Alejandra, Laura, Erik e Yago A.Técnico de son e grabación: Alejandra

Isto é Vida Episodio 4

Neste novo capítulo de isto é vida os alumnos de 5ºEP abordan o aparello dixestivo cun debate de fondo, é bo comer chocolate ou non? Esperamos que aprendades moito e que pasedes un bo tempo.

Guión orixinal, selección de músicas, e presentación: Antón V., Fabiola, Antón G e Adrián S.

Técnico de son e grabación: Antón G.

 

Isto é Vida Episodio 3

Neste nova entrega de Isto é Vida, os alumnos de 5º de EP contan coa colaboración da Doutora Rogelia para abordar dúbidas e consellos sobre o aparello respiratorio. Non perdades detalle!!!

Guión e presentación: Juan, Erea, Daniel e Naomi.

Técnico de son: Naomi

Isto é Vida Episodio 2

Neste novo episodio de Isto é vida, alumnos de 5º de EP resolven as nosas dúbidas sobre o aparello excretor, contan curiosidades, e nos dan bos consellos para coidarnos. Esperamos que vos guste!!!

O Bambam Despedida

Hoxe rematamos o curso radiofónico con esta emotiva despedida. Ata o ano que ven!

Uns minutos con...In English PLease

Entrevista á nosa auxiliar de conversa: Lina

Distribuir contido