blogue demusicomiserable

o Bambam: "Verde Nadal"

Ainda que cun pouco de retraso, ofrecésmosvos un Bambam navideños con unha clara cor verde; verde de coidar o medio ambiente. Esperamos que vos guste.

Informativos Xuvia EP 2

Os alumnos e alumnas de 3º, traen a actualidade de Xuvia, neste segundo programa que se animaron a facer, nel atoparedes moda, deporte, novas e suxestións diversas se queredes vir de visita áo mellor sitio do mundo!!!

 

Informativos Xuvia EP 1

Os alumnos e alumnas de 3º, traen a actualidade de Xuvia, neste primeiro programa que se animaron a facer, nel atoparedes moda, deporte, novas e suxestións diversas se queredes vir de visita áo mellor sitio do mundo!!!

Titorial "Aprendendo a facer Radio"

Aquí vos deixamos un titorial para os que queredes animarvos a facer radio. Está dividido en 5 capítulos coas partes máis importantes que precisades ter en conta á hora de facer un programa. Agardamos con interese os progamas que ides realizar. Ánimo!!!

Homenaxe a Xela Arias

Aquí deixámosvos uns poemas de Xela Arias, en concero do seu libro "Dario a diario", recitados por alumnos e alumnas de todos os cursos.

"As Linguas das Viaxes de Nicoleo"

Aquí vos compartimos a nosa colaboración có proxecto da Biblio sobre as Viaxes de Nicoleo. Este proxecto forma parte, á vez, doutro de radio escolar que desenvolvimos na clase de 5º de primaria durante o 2º e 3º trimestres, esperamos que vos guste!!! (Moitas grazas a todas as familias que aportaron o seu gran de area)

O Bambam "Desinformativo"

Hai que estar ao día, das noticias das cousas importantes...ou tal vez non? Neste episodio os periodistas tráennos noticas que parecen sen sentido, pero son reais, e ademais coméntanas entre eles. A divertirse!!!

O Bambam "Homenaxe"

Emotivo programa O Bambam, dedicado aos nosos maiores. Era case obrigado nun ano como este rederlles unha homenaxe, lembralles o noso cariño e o noso agradecemento. "Homenaxe"...esperamos que vos guste.

Bookfluencers EP2 Novos Amigos

Neste episodio expandimos o clube. Os comapñeiros de terceiro súmanse a Boofluencers facendo as súas recomendacións sobre libros que leron e lles encantaron, querer compartir os seus decubrimentos. Ademáis teremos un concurso en directo sobre o libro que leron no primeiro trimestre "O lobo Ramón". E ainda que houbo algunhas dificultades técnicas para desenvolvelo, ao final conseguímolo. Grazas a todos! Esperamos que vos guste!

 

O Bambam "Un pouco de ciencia"

Neste episodio algúns compañeiros quixeron achegarnos ao mundo da ciencia, e aprendermos unha morea de cousas. Aconsellámosvos coller papel e lapis para anotar tantas cousas interesantes que nos van contar, e ademáis conseguirn entrevistar a un grande científico. Esperamos que vos guste.

 

Distribuir contido