2º curso

Aniversarios de Setembro

Que mellor maneira de comezar o curso e dar a benvida aos novos compis que celebrando os aniversarios de setembro... Nesta ocasión lles tocaba a Sara González, Irene, Lucía e Emma e, ademais de comer e xogar como sempre, esta vez saímos ao parque a celebralo. Premendo na primeira imaxe veredes unha pequena presentación do que pasou na clase e, na segunda, veredes un vídeo do ben que o pasamos no parque.

Benvidos a un novo curso - 2º Primaria

Benvidos e benvidas a un novo curso no CEIP Ponte de Xuvia. Este ano seguimos os mesmos do curso pasado e, ademais, níronse dous novos compañeiros. Neste caso son dous irmáns que veñen do CEIP San Xoán de Filgueira e, dende o primeiro día, xa nos caeron moi ben. Aquí volos presentamos.

Benvidos á nosa clase!!

                                  

            CRISTINA                                                         HORITA

Final de ping - pong

Durante este curso se levou a cabo un campionato de tenis de mesa nos recreos. Nel participaron os maiores do cole e tamén Irene, Laura e Alba da nosa clase. Aquí as podedes ver coas súas ben merecidas medallas e, picando na imaxes, tamén podedes ver os vídeos da entrega de premios a 4º e 5º de Primaria.

                        

Carreira de Sabichóns 2013

Como repaso de fin de curso este ano volvimos levar a cabo a 2ª Carreira de Sabichóns. Nesta ocasión choveu e tivemos que facela no patio cuberto pero foi moi divertida igualmente. Nesta presentación podedes ver algo do que aconteceu ese día.

Contacontos de Santillana

Na derradeira semana do curso, a editorial Santillana organizou unha sesión de animación á lectura para Primaria no centro. Picando na imaxe podedes ver uns vídeos cunha mostra de todo o que fixeron. Esperamos que vos guste tanto como a nós!!

                                                      

Bachir amosa Senegal á clase de 5 anos

Durante este curso Bachir preparou unha presentación para amosarlles, ós nenos e nenas de 5 anos, cousiñas sobre Senegal, o país onde naceu e do que está tan orgulloso.

Picando na imaxe podedes ir á Aula Virtual e ver un pouquiño de todo o que fixeron. Esperamos que vos guste!!

                                       

Festival Letras Galegas 2013

Este ano, no centro, levamos a cabo un Festival das Letras Galegas no que fixemos a actuación de "Eu son un artista" diante de todo o cole e tamén vimos actuacións de tódolos compañeiros e compañeiras.

Na Aula Virtual podedes ver algúns dos vídeos do festival, entre eles o noso vídeo. Esperamos que vos guste.

             

Aprendemos a facer grileiras con Pablo, o pai de Laura

No mes de maio, e chegando o bo tempo, Pablo, o pai de Laura de 2º e Pedro de 5º, veu á nosa clase a ensinarnos como se fan grileiras ou maracas con xuncos. É sinxelo cando lle colles o truco e quedan moi lindas.

Na Aula Virtual, dentro do Proxecto de Narón, ou picando nas fotos, podedes ver o vídeo da actividade. Probade a facelas!!

                                              

                                      

Festival Intercentros 2013

Este ano volvimos participar no festival de Intercentros coa preciosa canción de mamá Cabra "Eu son un artista", aínda que un pouco adaptada.

Na presentación podedes ver as personaxes que participaron na actuación e, no apartado de Vídeos da Aula Virtual, a actuación de 2º, 3º e 4º para a ocasión. 

Esperamos que vos gusten!!

E mirade que lindos peóns nos deron de agasallo os organizadores por participar. Moitas grazas!!

Carreira solidaria 2013

Este curso colaboramos todo o colexio nun proxecto de axuda ós máis desfavorecidos facendo unha carreira solidaria. Nesta carreira os nenos e nenas do colexio cxorrían para conseguir cartos e axudar ós nenos e nenas que máis o precisan.

Nesta carpeta podedes ver os vídeos dalgunhas das carreiras que se fixeron. Pasámolo xenial!!

            

Distribuir contido