Radio Ponte

PonteMúsica: "Xogo de Nenos"

Nesta ocasión, os alumnos de segundo de primaria analizan dous movementos da obra de Bizet, "Xogo de Nenos", ademais de varios instrumentos e unha actución en directo. Esparamos que vos guste e aprendades moito.

A Voz de Terceiro EP 2: "As Tartarugas Mariñas"

Neste episodio, un equipo de terceiro trae datos e curiosidades sobre as tartarugas mariñas. Tanto a estrutura , como o contido e a organización está desenvolto integramente por eles, así que ten moito mérito, pois é a primeira experiencia na radio.

Pontemúsica: "La sinfonía de los juguetes"

Os alumnos de terceiro contan curiosidades sobre a sinfonía dos xoguetes, ademáis de falar dalgúns dos seus xoguetes favoritos e actuar en directo, aquí nos estudios de Radio Ponte.

 

Maricarmen e os dezaseis ananiños: "Superlola"

Con motivo do día contra a violencia de xénero o 25 de novembro, algunhas alumnas de 6º de Ed. Infantil prepararon un pequeno programiña, no que contarán o conto "Superlola".

 

Contos do Nadal

A Pandilla Lacasitos, nesta ocasión, adiántase á data de Nadal, cuns contos clásicos en verso no que cada personaxe vai levar algún agasallo ao portal. Esperamos que vos guste.

"Maricarmen e os dezaseis ananiños": EP 1

Neste primeiro episodio, os alumnos de cinco anos teñen a súa primeira experiencia radiofónica da man de Blancaniev...digoo de Maricarmen, a súa querida mestra. Nel falarán con toda naturalidade sobre as últimas saídas: O teatro "Carabela", museo de historia natural, As Meninas de Canido, e o Rato Pérez. 

A Voz de Terceiro EP 1: "PAndas e Pokemons"

Os alumnos de terceiro traen unha serie de programas variados, de temas que a eles lles interesan e queren compartir con todos nós. Esperamos que vos gusten e valoredes que é a primeira vez que traballan na radio de maneira case totalmente autónoma.

Bookfluencers: EP 4 " A NOVA BIBLIO"

Seguimos adiante có clube de lectura "Bookfluencers", neste caso as alumnas de 6º presentan a nova Biblio, máis as novidades deste ano, e farán unha pequena entrevista a Nicoleo. No vos perdades detalle e lembrade vir a biblio!

Pontemúsica: "Himno de la Alegría"

Nun sinxelo programa, os alumnos de sexto, contaránnos algunhas cousiñas sobre o Himno da Alegría, e o interpretarán en directo con instrumentos de placa. Esperamos que vos guste.

Pontemúsica: "Carros de Fuego"

Os alumnos de 5º interpretarán o tema Carros de Fuego, da película que leva o seu mesmo nome, nos falarán do seu autor y algunhas cousiñas máis. Esperamos que vos guste. Qué opinades sobre a esta música? Deixádeo nos comentarios.

Distribuir contido