5º curso

Saída en bicicleta ao parque de tormentas do Cadaval

Ao pouco de comezar o curso xa tivemos a nosa primeira excursión!! O equipo de educación vial do concello convidounos a visitar o parque de tormentas do Cadaval e aproveitamos para disfrutar dunha estupenda mañá andando en bici cos nosos compis de 6º.

O pasamos pipa e aprendimos un montón sobre a importancia que teñen estes tanques para o coidado do noso medio ambiente.

Premendo na imaxe podedes ver un pequeno vídeo desta actividade.

Invernadoiro e xardín

Para poder aproveitar todo o que temos no cole, este ano imos traballar moito para melloralo e queremos comezar polo invernadoiro e o xardín que son lugares que nos encantan e cos que podemos aprender moito.

Así, dende a materia de proxecto competencial e tamén de ciencias naturais, imos intentar facer que estes lugares sexan moito máis bonitos e que todos os cursos poidan disfrutar deles tanto coma nós.

Aquí van unhas imaxes do noso excelente traballo.

 

 

PRIMEIRA SAÍDA AO PARQUE

Como aínda fai bo tempo temos que aproveitar a nosa contorna e disfrutar do parque e da marabillosa contorna que temos.

Cada un ten as súas prioridades e xoga como lle parece pero sempre axuda a que poidamos estar xuntos e pasalo ben, que tamén é importante na escola.

 

COMEZA UN NOVO CURSO NO PONTE DE XUVIA

Por fin comeza un novo curso no Ponte de Xuvia!

Chegamos ao cole coas pilas cargadas e ganas de aprender moito e facer moitos proxectos interesantes. Este curso imos afondar no PDI do cole que este consiste en investigar as "Sete belas artes do mundo".

Aquí iremos contando as nosas aventuras e andainas e agardamos que poidades disfrutar tanto delas coma nós.

Unha aperta e feliz novo curso a todos e todas!!

Uns minutos con: "SPEIS, Prevención de Riscos"

Neste episodio alumnos de 5º entrevistan a Daniel Lorenzo, experto en prevención de riscos e organización do SPEIS de Narón, quen nos contará cousas do seu traballo e algunhas cousas que temos que ter en conta para a nosa seguridade.

O Bambam "Homenaxe"

Emotivo programa O Bambam, dedicado aos nosos maiores. Era case obrigado nun ano como este rederlles unha homenaxe, lembralles o noso cariño e o noso agradecemento. "Homenaxe"...esperamos que vos guste.

O xardín en maio

Pouco a pouco vai rematando o curso... e o xardín non para de medrar. Se premedes na imaxe veredes todo o que fixemos durante o mes de maio :-) Recordade que tamén podedes acceder directamente desde a aula virtual, consultando o apartado de actividades de 5º de primaria.

 

 

O xardín na primavera

O noso traballo vai dando o seus froitos e cada mes que pasa o xardín está máis fermoso. En breve poderedes ver no xornal da escola como coidamos o xardín ao longo de todo o curso.

Premede na foto para ver as cousas que pasaron no mes de abril ou consulta directamente na aula virtual, no apartado de actividades de 5º de primaria.

 

 

O mes de marzo no invernadoiro

Xa chega a primavera! Se premes na imaxe poderás ver canto traballamos no mes de marzo, ou, coma sempre, mira na aula virtual no apartado de actividades de 5º de primaria.

Grazas por pasarvos!

 

O XARDÍN EN FEBREIRO

PARA COÑECER AS COUSAS QUE FIXEMOS NESTE MES PREME NA FOTO OU CONSULTA DIRECTAMENTE A AULA VIRTUAL (EN ACTIVIDADES DE 5º DE PRIMARIA).

 

Distribuir contido