Presentación

TEATRO 2019

Como todos os anos en outono asistimos ao Pazo da Cultura de Narón ou ao Auditorio Municipal a desfrutar do teatro de pequenas compañías galegas. O día 18 de outubro 5º e 6º EP foron a ver Lazarillo de Tormes.

CHEGOU O SAMAÍN AO PONTE DE XUVIA

Encántanos celebrar o Samaín no noso centro e este ano o día 29 de outubro estivemos a decorar cabazas. Os pais e nais viñeron a botar unha man cos nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º de EP. Os nenos e nenas de 3º e 4º de EP tiveron uns talleres organizados polo Concello que veu a colaborar con eles e os máis maiores os de 5º e 6º EP traballaron cos seus titores.

10 DIAS DE MEDO

Este ano o Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización Linguística preparou un mini proxecto denominado Dez Días de Medo. Nos recreos e no tempo de lectura os rapaces e rapazas desfrutaron de contos de medo para todas as idades. Algúns dos cursos tamén tiveron curtas e cancións de medo. No recreo mestras voluntarias leron os primeiros días contos e nos últimos días foron os propios rapaces e rapazas os que contaban contos da biblioteca ou das súas casas.

ESCOLAS NO CAMIÑO

Neste primeiro trimestre durante os meses de setembro e outubro a rapazada de 4º EP e de 5º EP estivo a participar no proxecto Escolas no Camiño promovido polo Concello de Narón para difundir o Camiño Inglés no seu paso por Narón.

Distribuir contido