Radio Ponte

PonteMúsica

Neste espazo queremos compartir aqueles contidos expresamente musicais ou relacionados coa música. 

PonteMúsica: "A Máquina de Escribir"

Neste Episodio os alumnos de primeiro de primaria guiarannos nunha audición titulada "La Máquina de Escribir", de Leroy Anderson. Esperamos que vos guste.

 

PonteMúsica: "Guía da Orquesta para Jóvenes"

Neste episodio os alumnos de 4ºB traen unha completísima guía para aprender a distinguir secciones e instrumentos da orquesta; ademáis escoitaredes a "Guía da orquesta para Jóvenes" de Britten, e unha colaboración por parte dun pai e unha nai que interpretarán a mesma obra. Esperamos que aprendades moito.

Isto é Vida: "Carreira Solidaria"

Varios alumnos do cole cóntannos sobre un evento que tivo lugar o pasado xoves 16 de decembro no colexio, unha carreira solidaria na que toda acomunidade educativa tivo a oportunidade de participar e contribuir coas súas donacións a axudar aos máis desfavorecidos a traves do Centro de Recursos Solidarios do concello de Narón.

A Voz de Terceiro: "Os cetáceos"

Aquí están de volta os alumnos de terceiro para contarnos sobre un tema moi interesante do que estiveron investigando: Os cetáceos. Estade moi atentos que seguro que aprendedes cousas novas e moi, moi interesantes.

A Pandilla Lacasitos (2º)

A Pandilla Lacasitos está tan lanzada na súa aventura radiofónica que nesta ocasión traen unha serie de programas guionizados integramente por eles mesmos. Por equipos seguiron o seguinte proceso: Tormenta de ideas, debate, toma de decisións, ensaio e gravación. Foi moi interesante ver como cada equipo pensou o que ían contar e dotaron de contido as súas ideas. Xa veredes que cousas tan xeniais foron capaces de desenvolver.

PonteMúsica: "La máquina de escribir" (1º)

Neste Episodio os alumnos de primeiro de primaria guiarannos nunha audición titulada "La Máquina de Escribir", de Leroy Anderson. Esperamos que vos guste.l

A voz de terceiro

Os alumnos e alumnas de terceiro de primaria de relixión e proxecto competencial, crearon unha serie de programas variados que queremos compartir con vós. Esperamos que vos gusten. Non deixedes de seguirnos porque seguiremos traendo cousiñas para todo o noso público.

Conmemoración 25 N: "Superlola"

O día 25 de novembro festexamos no colexio o día contra a violencia de xénero lendo un conto entre todos os membros do clube Bookfluencers, isto e algunhas cousiñas más vos agardan neste episodio.

Uns minutos con: "SPEIS, Prevención de Riscos"

Neste episodio alumnos de 5º entrevistan a Daniel Lorenzo, experto en prevención de riscos e organización do SPEIS de Narón, quen nos contará cousas do seu traballo e algunhas cousas que temos que ter en conta para a nosa seguridade.

Distribuir contido