Radio Ponte

Pontemúsica: Novos episodios de 4º, 1º e 2º!!!!

Os alumnos e alumnas de 4º, 1º e 2º comparten con nós alguns novos episodios elaborados na clase de música. Estade atentos que nos vindeiros días vendrán máis novidades!!! Esperamos que vos gusten.

A voz de terciero: "Serie Lendas"

Os alumnos de terceiro traen unha selección de lendas variadas. Esperamos que vos gusten.

Pontemúsica: "El carnaval de los animales"

Con motivo do entroido pasado, nesta ocasión os alumnos de 4ºA e 4ºB tráennos unha guía para escoitar e recoñecer algúns dos animais que desfilan na obra "El carnaval de los animales", de Camille Saint-Saëns. Recomendámosvos escoitar a obra completa. Esperamos que vos guste.

Pandilla Lacasitos "Serie Cortos"

Volve a Pandilla Lacasitos!!! Nesta ocasión a Pandilla Lacasitos traenos unha selección de cortos con valores, como a solidariedade, xenerosidade, resilencia, valentía, amizade...e moitos máis. Unha oportunidade de falar e reflexionar sobre valores positivos que fan o noso cole e a nosa sociedade un mellor lugar. Recomendámosvos ver os  cortos depois de escoitar o programa. Esperamos que vos gusten.

Día Mundial Da radio

Queridos oíntes de Radio Ponte, compartímosvos un episodio especial, feito para Redespora, con motivo do Día Mundial da Radio, en colaboración con outros colexios. A temática é a PAZ, tan necesaria no noso mundo. Coidamos que o desfrutedes, e Felíz día da Radio.

Día Mundial da Radio 2023 – World Radio Day 2023 » ESPORA

Nuestro episodio

Día da Paz

O noso cole celebrou o día da paz e os alumnos uníronse para crear este superprogramón moi variado sobre a paz, e con moita música. Coidamos que vos guste!!

Isto é Vida

Neste programa atoparedes contidos relacionados coa saude e a vida sá. Apredenderes sobre o corpo humano, alimentación saudable...etc e estaredes ao tanto dos eventos deportivos do colexio.

Infantil

Neste espazo atoparedes a proposta radiofónica do 2º ciclo de Educación Infantil.

Uns minutos con...

Neste espazo compartimos entrevistas que facemos a expertos que veñen ao noso cole.

 

BookFluencers

Benvidos ao clube máis xenial de todos os clubes: Bookfluencers!!! Neste espazo compartimos a nosa paixón polos libros e a lectura, ademais das novas da biblio,celebracións e moitas cousas máis.

Distribuir contido