Blogues

PLANETARIO DE ALDEANOVA

O LUNS DÍA 14 TIVEMOS A VISITA DE PEPA E DAMIÁN QUE TROUXERON UN PLANETARIO PARA APRENDERMOS MOITAS COUSAS SOBRE O SOL, A LÚA, OS PLANETAS E TODO CANTO HAI NO CEO E NO ESPAZO.

NON ENTRARON TODOS OS NENOS/AS PORQUE ALGÚNS TIVERON UN POUQUIÑO DE MEDO...PERO OS QUE ENTRAMOS PASÁMOLO XENIAL!

P.D: NON HAI MOITAS FOTOS PORQUE ESTABAMOS A ESCURAS PARA PODER VISUALIZAR AS PROXECIÓNS, E TAMPOUCO QUIXEN MOLESTAR CO FLASH AOS MONITORES QUE VIÑERON.

PREPARADOS PARA ENTRAR...

PARECE QUE VAI SER DIVERTIDO!

QUE ATENTOS! ;-)

DEÍXOVOS O ENLACE DA PÁXINA DE ALDEANOVA POR SI QUEREDES SABER ALGO MAIS DESTE PARQUE TEMÁTICO DO CONCELLO DE NARÓN.

http://www.aldeanova.es/

TEMOS NOVA COMPAÑEIRA

O venres chegou o cole unha nova compi e iso merecía unha celebración.Así que máns a obra, fixemos unha festa sorpresa palomitas,patacas,..non faltaba de nada e por suposto un agasallo.

Un fermoso libro feito por nós onde cada compañeiro fixo o seu mellor debuxo.

Benvida, un bico moi forte de todos os teus compis e a túa mestra.

"Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"

ESTE É O TÍTULO DUN CONTO QUE ESTIVEMOS A LER ESTA SEMANA E QUE GUSTOU MOITO NA CLASE. ESTÁ MOI PRÓXIMA ESA NOITE TAN ESPECIAL DE REIS ASÍ QUE ESTE CONTO É MOI AXEITADO PARA ESTA PRIMEIRA SEMANA DE COLE NA QUE OS PEQUES INDA ESTÁN A FALAR DE PAPÁ NOEL E OS REIS MAGOS PERO TAMÉN XA COMENTAN CAL VAI SER O SEU DISFRAZ... E É QUE NA ESCOLA NON HAI DESCANSO E XA NON FALTA NADA PARA O ENTROIDO :-)

 

DEÍXOVOS UN VIDEO QUE ATOPEI EN YOUTUBE DO CONTO REALIZADO POLOS NENOS/AS E MESTRES DO C.E.I.P. COIRÓN -DENA DE MEAÑO (PONTEVEDRA) NO QUE PODEREDES ESCOITAR O CONTO NA SÚA TOTALIDADE.


O NADAL

Aqui vai unha presentación dalgunhas das actividades que fixemos no nadal.A árbore de Infantil cada aula fixo o seu adorno e ben bonito que nos quedou.Tamén fixemos o noso Belén onde participamos todas as clases de infantil facendo o fondo do belén,as figuriñas,os animais.Algunhas das actividades que participamos todas as clases coma a chocolatada,a visita ó Belén do Tercio Norte ,a banda de música ou o festival están colgadas no apartado de segundo ciclo que tamén podedes ver.Espero que vos guste.Un saúdo.

ACTIVIDADE PENDENTE

Máis vale tarde ca nunca aqui vai o mural que fixemos do outono,mirade que chulo nos quedou.

FESTIVAL DE NADAL

CHOCO-CHOCO-LA-LA-CHOCO-CHOCO-TE-TE

A FINAIS DE TRIMESTRE FOMOS A TOMAR UN CHOCOLATE CON CHURROS XUNTO COS COMPAÑEIROS DE 1º DE PRIMARIA... NA PRESENTACIÓN VEREDES O BEN QUE O PASAMOS E O RICO QUE ESTABA TODO.

 

VISITAMOS O BELEN

Os nenos de 3,4 e 5 anos visitamos o Belén e a banda de música do Tercio Norte de Ferrol.Aínda que o día comezou moi chuvioso cando chegamos as nubes decidiran descansar un poquiño e parar de chover.

O belén estaba moi chulo e a banda de música tocounos moitas cancións coma a da peli da Bela e a Bestia,dos Picapedra,dos Simpson,da panteira rosa,..e un compi convertiuse en director da banda.

Aqui vai unha pequena presentación do que alí vimos esperamos que vos guste.Ten música polo que se a queredes escoitar premede o botón do altavoz.

Un saúdo e feliz ano novo.

FELICITACIÓN

cumples de nadal

No mes de Nadal temos moitos compis de cumple.Un besiño a todos e parabens.

 

 

Distribuir contido