blogue decarmenvazquez

video sobre o corpo humano

Estivemos coñecendo o corpo humano e aqui vos deixo un video que vimos e nos encantou.

 

ANTÓN CORTIZAS

Esta semana Nicoleo prestounos uns contos que nos gustaron mogollón e son:

*"Vestida co arco da vella".

*"Sopra neste furadiño,...".

Estes libros son do autor ferrolán Antón Cortizas.

Algúns nenos xa disfrutaron deles na súa casa co prétamo da biblioteca de Nicoleo.

XOGAMOS

Coma todo non vai ser traballar xogamos o xogo popular das sillas,pois lles gusta moito.Coma somos moitos hai que facelo por equipos mentres un equipo xoga os outros non vexades coma animan os seus compañeiros/as.

CAMILLE Y LOS GIRASOLES

Este conto cóntanos un pouco da vida de Vicent Van Gogh.Os nenos e nenas xa o viron na clase,é unha maneira amena de acercar a vida deste pintor aos nenas e nenos de infantil.Ah!por certo pais e nais tedes que ler o conto non trae son só música.

 

 

VAN GOGH

Coñecimos un pouco da vida do pintor Van Gogh onde naceu,algún cadro que pintou e incluso atrevímonos a facer o noso propio cadro "La noche estrellada".

Tamén pintamos un retrato do pintor coa técnica do puntillismo e gustounos moito e vimos un conto que se titula "Camille y los girasoles",onde fala un pouquiño da vida de Vicent Van Gogh.

Mirade cantas cousas fixemos,...

VISITOUNOS A PEDIATRA

ESTE ANO DENDE O COLE INTENTAMOS FOMENTAR HÁBITOS SAUDABLES DE ALIMENTACIÓN E DESPOIS DE  PARTIPAR NO PROGRAMA DE FROITA FRESCA SUBVENCIONADA POLA XUNTA,PARECEUNOS MOI INTERESANTE QUE UNHA PEDIATRA VIÑERA A EXPLICARNOS A IMPORTANCIA DUNHA ALIMENTACIÓN SA E EQUILIBRADA.

E VISITOUNOS A PEDIATRA DO CENTRO DE SAÚDE DE NEDA ROSA.

PRIMEIRO FALOUNOS DA PIRÁMIDE ALIMENTICIA E DESPOIS CON FOLLETOS DOS SUPERMERCADOS FIXEMOS OS MENÚS DAS CINCO COMIDAS QUE TEMOS QUE FACER O LONGO DO DÍA.

E A VERDADE É QUE SAIRON UNHOS MENÚS MOI NUTRITIVOS SANS E APETITOSOS.

MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA,APRENDIMOS MOITO.

CUMPLE DE NATALIA E ANTÓN

Circuitos de 6º

OS NENOS E NENAS DE 6º FIXERON UNHA EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA PARA TODO O COLE DOS CIRCUITOS QUE FIXERON.A VERDADE E QUE CONSTRUIRON COUSAS MOI CHULAS. MOITAS GRAZAS.

ENTROIDO 2013

Despois de unhos pequenos problemiñas técnicos na páxina web e unha vez resoltos aqui van unhas fotos do entroido.

Como xa sabedes a hora de entrada era ás 10 e alí estabamos todos puntuais.

Primeiro tocaba prepararse así que mans a obra.Poñemos o traxe un pouco de cor no colorete e xa estabamos listos.Saimos todos o patio para que papa,mama,avó,avoa,...nos sacaran unhas fotos e viran o guapos  e guapas que estabamos.

Rematada a sesión de fotos cando íamos a sair a desfilar polo paseo unha nube gordocha e gris  comezou a descargar auga,cambio de planes,non podiamos arriscarnos a mollarnos.Fomos para o ximnasio e alí fixemos un desfile,comimos orellas,freixos,...e coma a nube xa marchara decidimos sair fora e queimar o Meco.

Pero cando estabamos a piques de rematar de queimar o Meco outra vez a nube  decidiu visitarnos de novo,asi que todo o mundo para clase.

Ainda que o día non acompañou pasámolo moi ben igual todos xuntos esperamos que para o ano non nos visite de novo a nube

ENTROIDO 2013

XA CHEGOU O ENTROIDO,PERO ANTES DA FESTA TIVEMOS MOITO TRABALLO, FACER DISFRACES,OS SEUS COMPLEMENTOS,...E

COMA TODOS OS ANOS O MECO MANDOUNOS OS SEUS MANDADOS E ESTE ANO TIVEMOS QUE TRAER ALGO PARA DURMIR,ALGUNHA COUSIÑA NA CABEZA E NOS OLLOS,...E OS NENOS VIÑERON CON COUSAS MOI DIVERTIDAS.

O VENRES TIVEMOS A FESTA PERO NO XIMNASIO POIS O TEMPO NON ACOMPAÑOU E TIVEMOS QUE CAMBIAR O PROGRAMA PERO  TAMÉN O PASAMOS MOI BEN.

AQUI VAI UNHA PRESENTACIÓN DE COUSIÑAS QUE FIXEMOS.POÑEREMOS MÁIS NO APARTADO DE 2º CICLO CANDO RECOPILEMOS TODAS AS FOTOS DOS DEMAIS COMPIS.

Distribuir contido