Plan Proxecta

ENQUISA SOBRE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE: FACÉMOLO BEN?

Bo día.

Velaquí están os resultados das enquisas realizadas con motivo da participación do centro no Proxecto  de vida Activa e Deportiva. Agora toca reflexionar; facémolo ben?

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Cantos días á semana realizas actividade física?. Número de respuestas: 60 respuestas.

 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Durante canto tempo realizas actividade física?. Número de respuestas: 60 respuestas.

 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Da seguinte lista, sinala os deportes ou actividades que realizas con certa frecuencia.. Número de respuestas: 60 respuestas.

 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: A escola axuda a que fagas mais actividade física?. Número de respuestas: 60 respuestas.

 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Canto tempo ao día pasas diante de pantallas (ordenador, tablet, móvil, videoxogos, televisión,...)?. Número de respuestas: 60 respuestas.

 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Que bebes durante as comidas?. Número de respuestas: 60 respuestas.

 

 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Cantos días á semana consumes "comida rápida" ou frita?. Número de respuestas: 60 respuestas.

 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Comes dulces ou snacks?. Número de respuestas: 60 respuestas.

 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Cantos días á semana comes vexetais?. Número de respuestas: 60 respuestas.

 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Comes froitas?. Número de respuestas: 60 respuestas.

 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Comes peixe?. Número de respuestas: 60 respuestas.

 

Dos resultados obtidos na enquisa extraemos os seguintes datos:

  • Un 63,3% d@s enquisad@s non cumpre coa recomendación de 60 minutos diarios de actividade física.
  • Case un 20% d@s enquisad@s pasa mais de 2 horas diarias diante de pantallas.
  • Un 40% consume “comida rápida” ou frita 2 ou mais días á semana.
  • Un 70% inxire doces ou snacks entre 2 e 5 días á semana.
  • Un 40% consume vexetais todos os días, mentres, tan só un 55%  faino algún día á semana.
  • Case un 60% consume froitas todos os días.
  • Un 81% non segue a recomendación de comer peixe 3 días á semana.

 SAÚDE!

 

 

 

 

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Como parte do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) no que participa o noso colexio e coa intención de continuar promovendo os hábitos de actividade física e alimentación saudable decidimos crear un logo que conteña unha mascota e un slogan que nos acompañe ao longo deste percorrido e axude a adoptar estes hábitos máis activos.

Recibimos propostas moi orixinais de todos os cursos e aquí tedes o resultado final. Presentámosvos aquí o noso logo, coa nosa mascota chamada "Lechu" e o slogan "Saúde e benestar, comendo ben e sen para de andar". Esperamos que vos guste e que nos acompañedes durante o desenvolvemento deste proxecto promoverndo connosco estes hábitos saudables.

 

COÑECENDO XAPÓN E APRENDENDO PRIMEIROS AUXILIOS

EN 5º VIAXAMOS AO PAÍS DAS OLIMPIADAS DE ESTE ANO,XAPÓN,PARA COÑECER UN DOS SEUS DEPORTES MÁIS CARACTERÍSTICOS:O KARATE.APRENDIMOS MOVEMENTOS,CONTROL TÓNICO E RESPIRATORIO E DESCUBRIMOS QUE DOUS DOS MELLORES KARATEKAS DA HISTORIA SON ESPAÑOIS,SANDRA E DAMIÁN.

EN 6º DE PRIMARIA TIVEMOS A VISITA DE DANI E EVA,MÉDICOS E FAMILIA DO COLE.ONDE NOS ENSINARON COMO ACTUAR NO CASO DUNHA PARADA CARDIORESPIRATORIA,CORTE DE DIXESTIÓN E MOITAS MÁIS COUSAS INTERESANTES.MOITAS GRAZAS FAMILIA POLA VOSA COLABORACIÓN.

TRABALLOS EN EQUIPO

EN EDUCACIÓN INFANTIL TRABALLAMOS A EDUCACIÓN VIAL,COÑECENDO SEÑAIS,ÓRDES,NORMAS E RUTINAS QUE DEBEMOS COÑECER CANDO CAMIÑAMOS POLAS RÚAS.NOS CURSOS DE 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA TRABALLAMOS HÁBITOS ALIMENTARIOS SAUDABLES E APRENDIMOS QUE NUTRIENTES HAI NOS DIFERERENTES ALIMENTOS E CALES SON OS QUE DEBEMOS TOMAR HABITUALMENTE E CALES DEBEMOS EVITAR.EN 5º FIXEMOS XOGOS COOPERATIVOS DE COORDINACIÓN.

APRENDER XOGANDO COA EDUCACIÓN FISICA

NESTA PRESENTACIÓN TEDES VIDEOS DE ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS EN PSICOMOTRICIDADE E EDUCACIÓN FISICA CON ANA MORALES E CAROLINA.

A DISFRUTAR CO DEPORTE

 

Levamos a cabo actividades motrices con Educación Infantil, co obxectivo principal de fomentar o movemento desde idades temperás, a través da PSICOMOTRICIDADE.

Co alumnado de primeiro desenvolvimos os contidos principalmente a través do xogo.De maneira global traballamos a diferentes habilidades de desplazamentos,lanzamentos,saltos e xiros.Onde favorecemos a puntería e a capacidade de velocidade e control motor.

En segundo curso,levamos a cabo circuitos para favorecer a consolidación das habilidades perceptivo motrices e practicar as habilidades motrices básicas.Ademáis a través do xogo, facendo fincapé no xogo popular e tradicional,realizamos lanzamentos e punterías para concretar o traballo da coordinación óculo manual.

En terceiro de primaria ademáis da consolidación das habilidades motrices básicas en circuitos, e do traballo de lanzamentos e punterías a través do xogo popular e tradicional, levamos a cabo actividades de iniciación de habilidades motrices básicas con balón. Practicando actividades e xogos para aprender o bote, múltiples tipos de pases con diferentes tipos de pelotas, e lanzamentos e recepcións.

Coa clase de 4º desenvolvemos multitude de xogos e actividades para o traballo de habilidades motrices básicas con e sen obxectos. Consolidamos a práctica do bote, os lanzamentos e recepcións, e os pases, utilizando como recurso o xogo.

Levamos a cabo unha ruta polo paseo “sobre rodas”, o alumnado leva bicicletas ou patinete según elección.

Ligado á conmemoración do día da PAZ, favorecendo o traballo en grupo e a resolución de problemas, propoñemos un reto cooperativo ao alumnado, vinculado á expresión corporal. (PALABRA “PAZ”).

Con 5º a través dunha iniciación deportiva, poñemos en práctica diferentes deportes, a colación do proxecto de biblioteca “Nicoleo viaxa polo mundo”.

O alumnado recopila información previa acerca dun deporte alternativo FLOORBALL, que posteriormente practicarán. É un deporte colectivo que se leva a cabo cun stick e unha bola e o obxectivo é marcar punto (meter gol) na portería do equipo contrario. Desenvolven habilidades como a conducción, os pases, e o tiro. Tras o aprendido, propoñemos situacións de xogo adaptadas.

Ademáis, practican o BALONCESTO, favorecen o desenvolvemento de habilidades como o bote, o tiro a canasta, e os tipos de pases propios deste deporte; concretamente o pase de “peito”, o pase “picado” e o pase por enriba da cabeza.

Con 6º curso facemos unha achega á expresión corporal: un reto por parellas para traballar fundamentalmente o ritmo e a coordinación fóra do horario lectivo (reto do baile cos pés, coa canción OH NA NA NA!) e unha montaxe grupal en referencia á conmemoración do dia da PAZ, unha representación corporal do símbolo da PAZ.

 

 

 

 

Actividades de relaxación durante o confinamento

Vos deixo un documento con actividades para practicar a relaxación con respiracións

Isto é Vida (Episodio 1: Falando entre Amigos)

Cardio escolas tamén ten o seu programa en Radio Ponte!!!

Distribuir contido