Radio Ponte

PonteMúsica

Coñecendo a Mozart

Dúas alumnas de cuarto animáronse a investigar algunhas cousiñas sobre a vida dun músico fascinante como é: W.A. Mozart. Ademais comparten con nós a súa primeira composición. Veña, veña... a escoitar o episodio

 

A voz de 4º

Algúns alumnos de cuarto, retoman o programa do ano pasado "A voz de 3º" para seguir empregando a radio para expresarse. Eles non queren deizar de inventar, investigar e escribir, sobre as cousas que lles interesan, e por riba de todo non queren deixar de contárnolo. Queredes acompañalos?

Día de Rosalía

O 23 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, unha escritora moi imnportante para a nosa lingua. Quixemos ler dous dos seus poemas e contar algo da súa vida, Esperamos que vos guste escoitalo tanto coma nós facelo.

O día da Paz

O clube Bookfluencers trae unha nova entrega!!! Neste programa leremos o conto traballado para o día da paz e ademáis cantaremos a canción que cantamos ese día!!!

 

A Sandía Feliz: Serie Trabalinguas

Nesta ocasión as pebidas da Sandía Feliz, traen uns trabalinguas moi chulos, e ademáis, conducen eles sós o programa... Un consello, coidado coa vosa lingua non se vos faga un nó ao tentar dicir estes trabalinguas tan lieiros.

Bookfluencers

Dende a biblio e noso clube queremos compartir con todos vós o últimos episodios, que si ben van retraso, non foi porque non quixéramos compartilos senon porque o ordenador da radio rompeu e quedaron atrapados no disco duro, foi agora que os puidemos rescatar. Esperamos que vos gusten.

Entrevista a Alejandra

Alejandra é unha estudante de maxisterio que estivo facendo prácticas de mestra no noso cole. Queremos despedirnos dela entrevistándoa. Áta sempre Alejandra. Ven visitarnos cando queiras.

Navidades por el Mundo

Os alumnos de relixión de cuarto de primaria, queren que saibamos como se celebra o nadal noutros países, e tamén queren lembrar as nosas tracicións e desexarnos un Bo Nadal!

Turkish Friends Interview

O pasado día 12 de decembro recibimos unha visita dun grupo de mestres de Turquía interesados en aprender sobre como traballamos a educación viaria no cole. Despois de facer un percorrido polo cole e unha volta en bici polo paseo e visitar os muíños, fixeron parada obrigada na nosa radio; en nós, facendo honor ao noso nombre fixemos unha entrevista en tres linguas, galego, inglés e turco. Nela aprenderedes cousas sobre Turquïa, como funcionan os coles alí, e como traballan eles a educación viaria. Esperamos que vos guste. Grazas amigos e amigas de Turquía. Volvede axiña!!!

In English Please: " Nithin"

Os alumnos de sexto pasan uns minutos co noso auxiliar de conversa de este ano que ven dende a India, o seu nome é Nithin.

Distribuir contido