Skip to Content

blogue deADMIN

VISITA DOS PAXES REAIS

Correlingua 2020 "Vinte coa lingua"

Correlingua 2020 "Vinte coa lingua"

Correlingua 2020

Vinte coa lingua

O 24 de Novembro celebramos o correlingua, este ano dunha maneira diferente. En vez de percorrer as rúas da nosa vila, escoitamos o manifesto e bailamos rock ao son da banda Cuarta Xusta, cuxo concerto foi retransmitido en directo desde o teatro principal. Así sumámonos un ano máis a esta festa da nosa lingua e somos como dicía o manifesto “SEMENTE FLORECIDA DO NOSO IDIOMA”

 

 

Enlace á festa do Correlingua 2020

Festa das Palabras

O Día 15 deste mes, celebramos no Teatro Principal , a entrega simbólica dos premios aos gañadores da Festa das Palabras.Asistiu un alumno/a e un profesor/a en representación de cada centro, a Concelleira Amalia Goldar e o escritor Xosé Antonio Neira Cruz, padriño desta convocatoria, fixo unha intervención virtual.

 

 

 

 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe celebramos no centro o día contra a Violencia de Xénero. Queremos compartir algunhas das actividades que realizamos.

 

 

 

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

  ALUMNADO DESTINATARIO

a) NON ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

     • Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

     • Alumnado matriculado en educación especial.

     • Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

     • Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Forma de presentación: no Centro.

Prazo: do 16 ao 27 de novembro

IMPRESO-SOLICITUDE

ORDE COMPLETA

MEDIDAS ANTI COVID-19

Persoal sanitario veunos facer diversos exercicios coa finalidade de protexernos. COVID-19. Moi útiles

DESPEDIDA DE 6º A

Este fin de curso non tivemos a oportunidade de despedirnos como sempre. O alumnado de 6º A de EP mandaron este vídeo para despedirse dos mestres e mestras.

EU TEÑO Á PROFE ISA NO CORAZÓN

 

En estas circunstancias tan especiais, o alumnado da profe Isa de 6º de EI, cambia de etapa e quere despedirse con este vídeo.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

Aínda que o celebraremos o 31 de outubro, alumn@s de CEIP Pérez Viondi queren celebralo nesta data, cuns debuxos, biografía e versos do libro Futuro Condicional de Ricardo Carvalho Calero

 

VIDEO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut