Skip to Content

Orientación

OBRADOIROS CONVIVENCXIA 4º CURSO DE E. PRIMARIA

O alumnado de 4º de Educación Primaria vén de realizar tres sesións de obradoiros sobre convivencia onde se abordaron temáticas como os estilos de comunicación, a comunicación dunha queixa, a resolución pacífica de conflitos, etc ...

CHARLAS PLAN DIRECTOR ALUMNADO DE 5º CURSO

O pasado xoves día 14 de decembro o alumnado de 5º de Educación Primaria tivo dúas charlas a cargo da Garda Civil: unha sobre acoso escolar e outra sobre ciberseguridade.

 

 

CHARLAS VIOLENCIA XÉNERO E ADICCIÓNS

O venres 10 de novembro o alumnado de 6º de Primaria assistiu a dúas charlas a cargo da Garda Civil dentro das actividades do Plan Director. A primeira charla foi sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO e a segunda sobre as ADICCIÓNS.

BENESTAR DIXITAL

Aquí podedes consultar uns consellos para o BENESTAR DIXITAL aplicables a alumnado e familias. 

 

 

https://orientaviondi.blogspot.com/2023/10/benestar-dixital.html

EMOCIÓNA - T

O centro CEIP Pérez Viondi leva desde o ano 2018 participando na liña Emocióna - T dentro dos Contratos - Programa.

As actividades que se realizaron nas distintas aulas que participan foron: murais, fichas, exposicións orais, lecturas de contos relacionados coa temática, identificación das emocións, relaxación en aula, etc ... Ademais, cada ano, organizáronse obradoiros con distintas subtemáticas pero todos relacionados coas Emocións. Tivemos contacontos, sesións con especialistas en xestión emocional, sesións de Mindfullness e Ioga, etc.

Por razóns alleas á organización, as fotos desapareceron da páxina web do centro pero en breve subiremos un vídeo resumo do que se leva feito ata o momento. 

ADICIÓN DIXITAL INFANTIL

 
Algunha vez preguntácheste se o teu fillo/a pasa demasiado tempo en INTERNET ou usando algún dispositivo como o móbil ou a "tablet"? Queres saber cal é o segredo para manter aos teus fillos/as seguros no mundo dixital?
Un dos efectos "colaterais" da COVID e do tempo de confinamento que tivemos que permanecer sen contacto social foi o incremento e exposición de toda a poboación ás tecnoloxías. Hoxe en día, obsérvase como moitas nenas/os xeraron unha relación de dependencia cos medios tecnolóxicos. Desde o Departamento de Orientación elaboramos un artigo onde se recollen os síntomas máis evidentes así como algúns consellos de prevención.
Podedes consultar o artigo no seguinte blogue do Departamento:
 
 

CONSELLOS SOBRE CIBERSEGURIDADE

Nestes tempos nos que a tecnoloxía está tan presente na nosa vida, cómpre ter presentes un consellos para NAVEGAR DE MANEIRA SEGURA por Internet.

 

 

 

PAUTAS PARA MELLORAR A COMUNICACIÓN POSITIVA COS FILL@S

A continuación presentamos unha serie de pautas ou consellos que  poden permitir mellorar a comunicación cos fillos e fillas:

1. ESCOITAR ACTIVAMENTE: Concentrarse no que nos están dicindo, mirarlle aos ollos ... non sirve de nada escoitar “a medias” ou facendo outras actividades como consultar o móbil ... Os nenos/as son expertos en detectar se estamos escoitando “ a medias”.

 

2. CENTRARNOS NO POSITIVO: Intentar centrarse en buscar solucións e alternativas en lugar de culpables e reproches. 

 

3. CALIFICAR AS CONDUTAS E NON AO NENO/A: Dicir o que non nos gusta do que está pasando en lugar de calificar ao noso fillo/a a través dunha etiqueta. Por exemplo: “Non me gusta como está o teu cuarto” en lugar de “ eres un/ha desordenado/a”.

 

Fonte: Educar es todo.

Aquí podedes ver o artigo completo: 

https://educarestodo.com/blog/mi-hijo-no-cuenta-nada-cuando-sale-del-colegio-pautas-para-mejorar-la-comunicacion/

HORARIO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2022 - 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut