Skip to Content

PVDA

Liga de pickleball

Xa comezou a última liga deste curso escolar, que está centrada no deporte de raqueta Pickleball.

Healthy Champions League

No mes de maio participamos na Healthy Champions League, na que uns dos seus obxectivos principais é o consumo de froita. Os centros cos que participaremos son: CEIP Coirón Dena, CEIP Plurilingüe Lope de Vega, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Plurilingüe do Conmeniño, CEIP Manuel Sieiro, CEIP Torre de Hércules, CEIP Plurilingüe de Toques, CEIP Plurinlingüe de Castroverde, CEIP A Lama, CEIP Corvillón e CEIP Ramón de la Sagra.

ANDAINA INFANTIL

Dentro da semana da saúde os nenos e nenas de educación infantil realizamos unha camiñata de 1 km, logo paramos a repoñer forzas na alameda.

 

InShot_20240501_222020975.jpg

Día da Educación Física na rúa

Un pequeno vídeo da celebración do día da Educación Física na Rúa na alameda do noso pobo.

 

Andainas semana da saúde

Para cerrar a semana da saúde no noso centro realizamos diferentes andainas pola nosa contorna.

Zona Xogos do mundo (patios activos e inclusivos)

No presente curso estase levando a cabo unha transformación nos patios co obxectivo de promover a actividade física e a inclusión. Unha das zonas das que dispoñemos no noso recreo é a zona de "xogos do mundo". Aquí podemos encontrar numerosas posibilidadades: xogo dos catro cadrados, crossminton, cabuyería, dance revolution, esgrima, mariola africana, diábolos, xadrez...

Grandes deportistas

Dentro do noso mural das grandes deportistas cabe resaltar a Vanesa Rial, participante coa selección española de rugby nos Xogos Olímpicos do 2016. Tivemos a oportunidade de facerlle unha entrevista e que resolvera as nosas dúbidas sobre a vida dunha deportista de alto nivel.

Liga de Quidditch

Últimos preparativos da nova liga de QUIDDITCH.

Patios activos e inclusivos

Comezamos coa organización de material e pintado de xogos para dinamizar os nosos recreos.

Primeira liga interna

Comezamos as nosas ligas internas introducindo o deporte alternativo "Datchball" con superpoderes.

Distribuir contido


by Dr. Radut