Skip to Content

3º ciclo Ed. Primaria

ÓPERA : UNHA VIAXE ... ALUCINANTE

"UNHA VIAXE ... ALUCINANTE" é o título da ópera orixinal que creou o alumnado de 5ºA do CEIP Pérez Viondi ao longo do curso escolar 2023/24.

OS QUINTIRRISAS COMPAÑÍA DE ÓPERA preséntavos a o produto final da experiencia que viviron en primeira persoa forxando á vez un gran equipo.

Está enmarcado dentro do proxecto educativo LÓVA.

 

PREME NA IMAXE SE QUERES VER O VÍDEO.

LÓVA 2024

Ola! Somos OS QUINTIRRISAS COMPAÑÍA DE ÓPERA, aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo que realizamos este curso co proxecto LÓVA. Foi unha experiencia inolvidable!

ESTREO DE "OS QUINTIRRISAS COMPAÑÍA DE ÓPERA"- LÓVA

FESTIVAL DO TEATRO

Celebramos o Festival do Teatro representando as obras para o centro e as familias que prepararon os cursos 4º B, 5ºB e 5ºC . Fixérono moi ben e gustáronnos moito.

MÁIS QUE TEATRO

O alumnado de 5º de Primaria estivo traballando a través do teatro distintas habilidades sociais e emocionais: aprendendo a escoitar, a respectar as opinións dos demais e a traballar en equipo. Xogando coa expresión verbal e non verbal, aprendendo a usar a súa voz, o seu corpo e os seus xestos para poder comunicarse de maneira máis efectiva. Achegándose á nosa cultura literaria creando ou adaptando textos. Asemade traballando no deseño e elaboración de decorados.

Todo iso acompañado de moitas risas e bos momentos que culminaron no debut das pezas.

 

Competencias: CCL, STEM, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC

Materias: Lengua, Lingua, Plástica e audiovisual, Música e danza, Ciencias Sociais e da Naturaleza, Matemáticas.

 

Móvense

Resultado do experimento do alumnado de 6º A  para comprobar que as plantas se moven.

Materias: LG, CN. PC

Competencias: CCL, CD, CMCT, CE,CPSAA

 

TEATRO DE LUZ NEGRA

O alumnado de 6º B adaptou contos tradicionais : OS TRES PORQUIÑOS, A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA, O MONSTRO ROSA, A VACA QUE PUXO UN OVO, CHIBOS CHIBÓNS E A FELICIDADE, MANUAL DE USUARIO, para os nenos de infantil, e representáronos para eles usando lámpadas de luz negra.

HISTORIA DO CINE TEATRO PRINCIPAL

O Alumnado de 5º Visitou o Teatro Principal despois de investigar sobre a súa historia.Alá polo1946, Os irmáns Pérez Lafuente, de Vilanova de Arousa fan a solicitude para a construción do CINE TEATRO PRINCIPAL.

Apedra coa que foi construído procedía das parroquias de Nigoi e Arca.

Inaugurouse o 29 de xuño de 1947.

As entradas custaban dende 1.50 pesetas a xeral á 3.50 nos sillóns.

Ademáis de ser cine representábanse obras teatrais, actuacións musicais, festivais escolares...

O teatro cambiou de dono varias veces ata que en 1991 pasou ao Concello da Estrada.

Nesta Visita Valetín Torrado explicounos todas as partes e nomes do teatro. Foi moi interesante!Moitas grazas.

IMOS A RADIO ESTRADA CON LUÍSA VILLALTA

Un sábado máis  asistimos ao programa "OS RECUNCHOS DA LINGUA", con Isa Durán e Pilar Bernárdez. Eider, Bruno e Celia compartirón cos  ointes a biografía de Luísa Villalta.

 

https://go.ivoox.com/rf/128749824

ENCONTROS CO PROFESOR CARLOS LOUREIRO

O alumnado de 5º e 6º de primaria participou nunhas charlas  impartidas polo profesor e escritor Carlos Loureiro, sobre a emigración galega en especial a estradense a Cuba.Foi moi interesante. 

Distribuir contido


by Dr. Radut