Skip to Content

Nutriescolas

visita Clara Torres

Durante a semana da saúde, unha das actvidades foi a visita da nutricionista Clara Torres, a cal nos explicou en que consiste unha alimentación saudable e a súa importancia.

 

InShot_20240504_192909682.jpg

Plantamos fresas

Os nenos e nenas de 5º de educación infantil fomos a nosa horta a plantar fresas, gustounos moito e estamos desexando probalas.

InShot_20240504_192705880.jpg

Healthy Champions League

No mes de maio participamos na Healthy Champions League, na que uns dos seus obxectivos principais é o consumo de froita. Os centros cos que participaremos son: CEIP Coirón Dena, CEIP Plurilingüe Lope de Vega, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Plurilingüe do Conmeniño, CEIP Manuel Sieiro, CEIP Torre de Hércules, CEIP Plurilingüe de Toques, CEIP Plurinlingüe de Castroverde, CEIP A Lama, CEIP Corvillón e CEIP Ramón de la Sagra.

Masterchef

Cadrando coa semana da saúde elaboramos un " Masterchef Viondi" onde os nenos e nenas escribiron diferentes receitas saudables, que logo foron votadas polos seus compañeir@s. A gañadora foi Naiara de 3º A coa receita :" Fideos de arroz con verduras e salmón" .

 

InShot_20240501_222221538.jpg

PAPAR CON SENTIDIÑO!

 O alumnado de 5º de Ed. Primaria estivo estudando a importancia de manter unha dieta saudable. Despois de facer un estudo da roda de alimentos e das cantidades recomendables de cada grupo  que se deben comer diariamente. Chegaron á conclusión de que é moi importante que o noso plato teña MOITA COR! isto quererá dicir que ten moitas verduras, hortalizas e froitas.

  •   Elaboraron individualmente, seguindo as indicacións da pirámide de alimentos, un menú saudable.  
  •   Tamén coñeceron e empregaron a App Yuka analizando a calidade das súas merendas; facéndose máis conscientes de se son saudables ou non. O Yuka ofrécelles alternativas a produtos similares pero de maior calidade. Estes foron algún dos resultados da análise.

 

 

   

 

  • Para finalizar, comeron palomitas de millo seguindo as intrucións de uso dunha máquina de facer palomitas de millo natural. Leron, fixeron un texto instrutivo e levando a cabo cada paso  das intrucións; degustaron palomitas, recién feitas, de millo “ de verdade”. Todo un descubrimento!

 

Competencias: CCL, STEM, CPSAA, CE

Materias: Lingua castelá, lingua galega, matemáticas, ciencias naturais.

Distribuir contido


by Dr. Radut