Skip to Content

blogue deADMIN

MAGOSTO 2021

Hoxe homenaxeamos ao noso castiñeiro, árbore senlleira que ao longo do tempo deu sombra e castañas a moitas xeneracións de nenos e nenas; que, ao igual que nós xogaron baixo a súa ramaxe.

Sempre foi "O castiñeiro" pero, o curso pasado pensamos que debería ter unha identidade propia, un nome familiar e cariñoso co que referirnos a el.

Foi por iso que, entre todos decidimos chamalo GRANDULLÓN.

O profe Valcárcel fíxonos o honor de gravar este nome para que, todos os que por aquí pasen, saiban que é importante eque o traten co respecto que se merece.

Principiamos cos nenos e nenas de 6º esta homenaxe recitndo un poema do noso, tamén senlleiro, autor estradense, Marcial Valladares Núñez. Que este ano se conmemora o bicentenario do seu nacemento en Vilancosta-Berres.

Despois foron os nosos compañeiros e compañeiras de 5ºC que nos recitaron "Cantiga popular para o magosto".

Por último todos xuntos cantamos a canción Sra. María, Sr. Manuel.

             

A festa continuou comendo saborosas castañas asadas e gozando do día!!!

  

FESTA DO CORRELINGUA

O día 2 de novembro celebrouse a festa do Correlingua da Estrada de 12:00 a 13:00 horas. Retrasmitiuse en directo a través dunha ligazón dende o Teatro Principal, aínda que o alumnado de 5º de Primaira puido ir a vela. A actuación correu a cargo do Grupo "Música Miúda" e o evento foi presentado e guiado por Fran Rei.

            

      

SAMAÍN NO COLE

DISFRAZÁMONOS NO COLEXIO PARA PASAR UN TERRORÍFICO DÍA DE SAMAÍN!!!

  

          

Tamén fixemos un "photocall" co cartel da película "Os locos Addams" donado polos Cines Central da Estrada. Moitas grazas!!!

   

 

 

Os nenos de Educación Infantil tamén pasamos un Samaín TERRORIFICOOOOO!!!!!

 

     

 

    

 

               

 

 

 

Postal dixital cos traballos feitos polos nenos e nenas

https://www.canva.com/design/DAEuHmE_M6w/TTpGv4XIpg9Fd7_zJCGTDA/view?utm...

24 de outubro Día das Bibliotecas Escolares

Para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares, as profes Yolanda e Melisa de Infantil represantaron o conto de "Carabuñas", para os nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria.

 

     

     

 

Aquí vos deixamos a dramatización do conto. Esperamos que vos guste.

 

 Lecturas compartidas na biblioteca 6º "Hai grandes libros no mundo, hai grandes mundos nos libros"

   

 

 

 Este ano celebramos o " Día  das Bibliotecas  Escolares" facendo referencia aos cincocentos anos da 1ª volta ao mundo por Magallanes e Elcano. O alumnado de 3º e 4º cursos fixeron marcadores para sinalar as viaxes que van emprender  polas páxinas de moitos libros.

  

 

 Tamén recibimos como agasallo unhas postais do Ceip do Foxo para festexar este día tan especial.

       

 

 

GAÑADORES CONCURSO CAN VALENTÍN

Gañadores do concurso " Can Valentín" sobre o amor en todas as súas facetas, promovido por Radio Estrada para que as/os alumnas/os cultiven a lingua escrita en galego.

 

FAI CLIK AO TEU BOCATA

Os nenos/as do cole participamos no programa "fai clik ao teu bocata", donde nos explicaron a importancia de comer peixe como unha alimentación saudable. Despois merendamos uns bocatas de sardiñas riquísimos!!!



 

      

FESTA DAS PALABRAS

 

 VIII Festa das palabras

O día 1 de xuño celebrouse no Teatro Principal da Estrada a  VIII Festa das palabras cunha entrega simbólica de premios, xa que debido á situación sanitaria só puideron asistir un alumno/a e un profesor/a por centro. O padriño literario dos premiados/as esta edición foi o escritor estradense Xosé Luna, que leu o prólogo do libro e nos invitou con palabras fermosas a ler e escribir na nosa lingua.

O día 7 de xuño fixemos entrega dos libros aos premiados  do noso  centro, así coma as dúas alumnas de E.I. cuxos debuxos  forman parte dos deseños  do libro.

LETRAS GALEGAS 2021

O Pérez Viondi celebra os Día das Letras Galegas con diversas actividades: confección de murais, investigación e traballos sobre a vida e obra de Xela Arias e concerto didáctico de Paco Nogueira  interactuando con  tódol@s alumn@s do centro e co estreo, en primicia, do seu novo espectáculo

" EXTRA"

 

 

 

DÍA DO LIBRO

 

MURAIS REALIZADOS POL@S ALUMN@S DE INFANTIL

4º DE INFANTIL

  5º DE INFANTIL

 

6º A DE INFANTIL

 

6º B DE INFANTIL

 

1º A : @s alumn@s desta clase coñecemos a García Barros.

 

Realizamos lecturas de contos en galego e fixemos o noso debuxo do libro.

 

E cos debuxos, montamos un mural na nosa aula.

 

O día do Libro, o alumnado de 1º B fixemos varias actividades. Primeiro lemos un libro da biblioteca, logo fixemos unha ficha de lectura e, por último, fixemos o noso mural debuxando cada un as portadas do conto que leran.

 

Traballo realizado pol@s alumn@s de 2º A.

 

 

Día do libro en 2º B. Lectura de " Don Quijote" nun libro adaptado á súa idade, elaboración dun cartel coas portadas do seu libro favorito e resposta á pregunta: Un libro é...?

 

Os nen@s de 2ºC para celebrar este día, debuxamos as portadas dos nosos contos favoritos.

 

En 3º A, o alumnado fixo as lecturas dos relatos  “ O Negro” e “ O Aplauso” nas que puideron observar que non todo é o que parece.

Ademais, tamén leron o conto de García Barros “ O raposo e o galo” e visualizaron a obra de teatro deste mesmo  título representada nas xornadas de teatro “ Olimpio Arca”.

En 3º B @s alumn@s realizaron una lectura colectiva de “ Don Quixote” e traballaron sobre esta obra e o seu autor.

En 4º recibiron a visita do escritor Xosé Luna ao que lle recitaron algúns dos seus poemas e con el construiron  outros novos a modo de xogo. 


Os de 5º curso tamén interactuaron con Xosé Luna e ata lle bailaron.

 

 

En 6º A o Día do Libro adicámolo a descubrir a un autor estradense Manuel García Barros. Realizamos unha pequena investigación sobre a súa vida e lemos o conto do Galo e o Raposo.

En 6º B o Dìa do Libro expuxemos unha biografía sobre Manuel García Barros que previamente elaborou o alumnado e lemos un conto do libro Contiños da Terra “ Agárrense Señores!”. Tamén lemos o conto "O negro".
En días anteriores investigamos en internet sobre O Dia do Libro e vimos algúns vídeos de edicións pasadas

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut