Skip to Content

blogue deADMIN

Recitando a Manuel María

O alumnado de 1º recita o poema "O Cuco" de Manuel María.

Comeza a sementeira "eTwinning"

Hoxe comezamos a sementar as sementes que nos chegaron de Italia, como parte do proxecto eTwinning "Our little garden" que estamos a levar a cabo co alumnado de 1º curso de EP. Velaquí un vídeo coas fotos. 

Decorando o colexio

O alumnado do bacharelato de artes do IES Manuel García Barros e o seu profesor, Mariano, estiveron hoxe decorando a parede do patio do ximnasio do noso colexio, dentro do programa Traballando xuntos, do que formamos parte tódolos centros educativos de A Estrada.  As fotos están na galería de imaxes.

Proxectos eTwinning no CEIP Pérez Viondi.

Este curso 2015-2016, estamos participando en 2 proxectos eTwinning a nivel europeo:

  1. Os grupos de 1º curso de EP participan no proxecto "Our little Garden" cun colexio italiano chamado Fara in Sabina (en Passo Corese) e outro polaco chamado Szkoła Podstawowa nr 6 im. (en Konin). O proxecto consiste en crear unha pequena horta no colexio, plantando as sementes que nos envían de Italia (os italianos terán que sementar as que lles enviamos nós). O intercambio de sementes xa está feito, comezaremos a sementar despois de Semana Santa. Logo teremos que adiviñar que clase de prantas son, observando o seu crecemento. Xa puidemos coñecernos por videoconferencia e intercambiamos vídeos presentándonos en inglés
  2. Os grupos de 2º curso de EP participan no proxecto "Me, my city, my country" cun colexio Polaco chamado Niepubliczna Szkoła Podstawowa Zaczarowana Planeta (en Cracovia) e outro Italiano chamado Scuola Primaria, via Roma (en Urbisaglia). Xa puidemos coñecernos por videoconferencia e intercambiamos vídeos presentándonos en inglés. Estamos aprendendo sobre os estilos de vida dos demais membros do proxecto e da súa cultura.

 

Ademais destes proxectos, no Nadal participamos noutro proxecto eTwinning chamado Handmade Christmas cards, Xmastree balls and best wishes videos, consistente nun intercambio de felicitacións de Nadal e adornos para a árbore de Nadal do colexio con 10 colexios de distintos países europeos. Felicitamos as festas por escrito nas nosas linguas e en inglés, e tamén oralmente compartindo vídeos en grupo. 

 

Graffitis no CEIP Pérez Viondi

O "Centro Juvenil La Estación" donou dúas pezas finalistas do concurso Xuventude Crea 2015, organizado pola Direción Xeral de Xuventude, ao CEIP Pérez Viondi. As obras colocáronse hoxe no centro: "Vacaloura Máxica", de Honey, colocouse no edificio de Educación Infantil e a obra "Rock na cidade", de Rock 981, colocouse no edificio de Educación Primaria. Velaquí algunhas fotos, hai máis na galería de imaxes. Ademáis disto, máis adiante, tamén nos van decorar as paredes do colexio con graffitis.

Moitas grazas!

Distribuir contido


by Dr. Radut