Skip to Content

blogue deADMIN

Entroido 2017

Un ano mais celebramos o entroido ,ademais de disfrazarnos tomamos unha rica merenda con chocolate .                         

                         

                         

                         

                         

                         

 

Parabéns aos gañadores

Os nosos parabéns ao alumnado de terceiro de E.P. que gañaron o 1º ,2º e 3º premio no concurso de cartas de amor "Can Valentín" promovido por Radio Estrada .

A súa carta de amor foi a música ,e o 1º premio                                                                               

    Co amor aos libros ,gañou o 2º premio                                   

      O amor ao seu avó levouno ao 3º premio

 

Parabéns e .....a seguir escribindo !

Dia da Non Violencia e da Paz 2017

Este ano ,o 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e Non Violencia .Preparamos carteis e murais ,expresando os desexos de cada un para acadar a tan ansiada paz e non violencia na terra,estes carteis,posteriormente, foron colocados nas paredes do centro.Así mesmo estivemos preparando cancións e coreografías para o baile solidario  no que todos/as participamos e cuxa recadacion foi para a Cruz Vermella.

En E. Infantil cantaron e bailaron "Madre Tierra"

 


 

 

Primaria: 1º e 2º curso:Canción “ Quérote máis que a tortilla de patacas con xamón.

 

 

 

3º,4º,5ºe 6ºcantaron e bailaron a canción “ Apertas que voan”

 

 

 

Festa da poesía

En outubro ,no teatro principal , varios/as alumnos/as participaron nesta festa dos  versos ,lendo poemas de autores galegos

O Samaín

O 28 de outubro celebramos no centro o Samaín. unha actividade na que o alumnado participa con moita ilusión. Trouxeron unha cabaza tallada da súa casa e con todas elas e en colaboración cos titores/as colocámolas, por cursos, formando parte de decorados preparados para este día,despois fixemos un percorrido para visitar as diferentes exposicións que había no centro. Tamén intercambiamos postais de felicitación con todos os centros de infantil e primaria do noso Concello e co Ceip de A Lama.

 

 

Os mais cativos viñeron dispostos a meternos medo!!!!!!

Dia das Bibliotecas

 O día das bibliotecas foi o luns 24 de outubro,para celebrar este día o alumnado de 4º,5º e 6º leronlle aos nenos de 4º,5º,6º de E.I e 1º  de E.P. contos en diferentes espazos do cole  .2º e 3º de E.P.tiveron un invitado moi especial, a David Otero,que recibiron con poemas e unha canción.David doounos  alguns dos seus libros e ensinounos unha vez mais o amor polas palabras.

es

Alumnado de 4º de EP recita a Manuel María polo Día das Letras Galegas 2016

O alumnado de 4º curso de Educación Primaria do CEIP Pérez Viondi homenaxea a Manuel María lendo parte da súa obra polo día das Letras Galegas. 

Correlingua 2016

Aí vai un vídeo coas fotos do Correlingua 2016. 

Vídeo do festival de fin de curso 2015-2016.

Novas fotos na galería de imaxes

Na galería de imaxes da páxina do colexio hai novas fotos da visita de Antonio García Teijeiro, da excursión de 4º ás Fragas do Eume, da excursión de EI a Cangas en distintos medios de transporte e do correlingua.   

Distribuir contido


by Dr. Radut