Skip to Content

blogue deADMIN

Brinca vai

Hoxe movémonos o ritmo de .....

Con Paco Nogueiras e o seu espetáculo O Brinca vai .

 

Correlingua 2018

O correlingua de deste ano ten como lema

E para que non parara, recorrimos xunto a outros colexios incluso os institutos as rúas da Estrada.

  

    

      

O día do libro

Un ano mais chegou o 23 de abril ,día do libro.

Este ano para celebralo fixemos varias actividades .

Dende a biblioteca propuxeronnos

 Deixámosvos unha  mostra

ademais o alumnado de 1º e 2º ciclo leron en alto un cachiño do Quixote para todos .

 Rematando a sesión vendo un capítulo das aventuras De "Don Quijote de la Mancha"

Nas aulas leronse poesías,lendas ,historias...

 Ademais o 25 de esta semana veu a visitarnos Anxo Moure ,e a contarnos unhas historias sobre as árbores moi belas que nos fixeron vibrar.

 E para rematar a semana dedicada ao libro o alumnado de 1º de E.P. foron a Pontevedra (ver 1º curso) e o alumnado de 5º e 6º de E.P. a cidade da cultura ( ver  5º e 6º) .

A Radio no cole

Hoxe Radio Estrada ,trasladouse ao Perez Viondi para facer o seu programa de pola mañá.

Nós tamén participamos  xunto con Fran e Isa, os seus locutores .

Para comezar o programa interviron os representantes da AMPA ,a directora e a secretaria.

A continuación os nosos locutores de 6º de E.I.

                  

 Na conexión da 10:30 xa estaban os rapaces e rapazas de 1ºde E.P. preparados para falar .Algúns tiveron que facelo dende o público posto que non cabían todos na mesa.

                        

Despedimos a este grupo e xa estaban preparados os alumnos/as de 4º e 5º de E.P.

                                         

                                            

 E para rematar os nosos radiofonistas foron as alumnas/os de 6º de E.P.

  Grazas a Fran,a Isa ,a Pablo e a Pepe,locutores e director de Radio Estrada, por darnos a oportunidade de disfrutar de un programa en directo .Foi unha experiencia estupenda!.

Día internacional da muller

Hoxe para conmemorar o 8 de marzo día internacional da muller fixemos as seguintes pancartas

E.I

2º se E.P.

 E.P.

Ademais tivemos un concerto de música.Contamos con alumnas que nos tocaron diferentes instrumentos (panderetas,guitarras,piano,flauta traveseira, violín,violonchelo,clarinte,saxofón)

 

 

 

 

 

Mais tarde tivemos a visita de Sally Torres (homenaxeada este ano polo concello no día da muller) que despois de darnos unha charla ensinounos como se manexa na súa pala.

 

 

Celebramos o día de Rosalía

O venres 23 de febreiro celebramos o 181 aniversario do nacemento de Rosalía

Fixemos as seguintes actividades as 09:30 para 1º ,2º,3º de E.P.

Proxección do vídeo "Eu ben vin estar o moucho",lectura de poemas de cada curso e rematamos ca audición de unha canción "Non che teño medo moucho"

As 10:55 pasamos 4º ,5º ,6º E.P para escoitar aos alumnos/as de 6º se E.I cantarnos unha canción ,despois vimos a proxección do vídeo  "Eu ben vin estar o moucho",lectura de poemas de cada curso e rematamos coa audición da canción "Adiós ríos ,adiós fontes "

12:35 E.Infantil

Viron a proxección do vídeo " Eu ven vir estar o moucho" e despois as diferentes clases cantaron  a canción "non che teño medo moucho"

 

O ENTROIDO

Este ano Viondiño marcounos a entrada ao Entroido .O luns 5 empezamos todos/as con unha gorra ou sombreiro na cabeza ,o martes 6 puxemos un chaleco ,o mércores 7 viñemos con botas de auga e xa o xoves 8 trouxemos o traxe completo de pescadores .

 

O venres o disfraz era libre....

e viñemos así de guapos/as

 

A hora da merenda degustamos todos os productos típicos destas datas 

 

Mais tarde no salón de actos apareceron os Xenerais do Ulla coas súas coplas.

 

                       

Para rematar pasamos todos/as polo escenario bailando a ritmo de Entroido!!!

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da Non Violencia e da Paz mediante os seguintes actos :

Fixemos un festival onde os nosos presentadores nos ían dando o guión :

                           

Os nenos e nenas de 1º B recitáronnos un poema de Antonio García Teixeiro .Tres nenos/as 2º , e tres nenos de 3º curso léronnos unhas poesías moi fermosas sobre a Paz,algúns alumnos/as de 5º A leron  poesías feitas por eles mesmos.

                           

 O Club da Lingua representou a obra " Un virus informático "

                           

Proxectamos o Flashmob de Infantil ,1º,2º,3º de E.P. "Todos somos capitáns"

                           

                                                                     E tamén o Flashmob de 4º,5º,6º de E.P." un beso redondo "

                           

Ao rematar saímos todos o patio para realizar o baile solidario ,con todas as moedas que se recaudaron, farase unha doazón a Cruz Vermella.

                                                        

 

 

A visita de Papa Noel

O pasado 21 de decembro Papa Noel adiantouse no seu percorrido e fíxenos unha visita para falar cos nosos nenos e nenas ,de paso doulles uns caramelos.

                      

 

                      

                      

                                                                

BO NADAL E BOAS FESTAS 

FESTIVAL DE NADAL 2017

Rematou o 1º trimestre deste curso 2017/18 ,e achégase o nadal,para festexalo fixemos un festival.

Os nenos e nenas de 1º de E.P. cantáronnos a panxoliña :"Con un sombreiro de palla"

                  

                        

De seguido e dende o Club da Lingua invadironnos os piratas coa obra "O tesouro de Barbavermella"

                       

                       

Tamén nos bailaron unhas muñeiras na cuberta do barco 

                  

 A continuación os alumnos/as de 2º de E. P. deleitáronnos coa canción "Mi burrito sabanero "

                  

 O Club da lingua acércanos a un galiñeiro coa obra "O raposo e o galo Coidado"

                            

                        

E chegaron os alumnos/as de 6ºA  bailando "de Waterloo a yo contigo "

                 

                       

De novo o Club da lingua tráenos unha obra de teatro "Paparruchas" unha adaptación de Charles Dickens do seu libro "Un conto de nadal"

                  

                       

E para rematar bailamos o ritmo de Jingle Bells

                 

                  

 E sempre seguindo a pauta que nos marcaban os nosos presentadores 

                                     

 

Bo Nadal !!!

Distribuir contido


by Dr. Radut