Skip to Content

A Radio no cole

Hoxe Radio Estrada ,trasladouse ao Perez Viondi para facer o seu programa de pola mañá.

Nós tamén participamos  xunto con Fran e Isa, os seus locutores .

Para comezar o programa interviron os representantes da AMPA ,a directora e a secretaria.

A continuación os nosos locutores de 6º de E.I.

                  

 Na conexión da 10:30 xa estaban os rapaces e rapazas de 1ºde E.P. preparados para falar .Algúns tiveron que facelo dende o público posto que non cabían todos na mesa.

                        

Despedimos a este grupo e xa estaban preparados os alumnos/as de 4º e 5º de E.P.

                                         

                                            

 E para rematar os nosos radiofonistas foron as alumnas/os de 6º de E.P.

  Grazas a Fran,a Isa ,a Pablo e a Pepe,locutores e director de Radio Estrada, por darnos a oportunidade de disfrutar de un programa en directo .Foi unha experiencia estupenda!.



blog | by Dr. Radut