DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA
O 30 de xaneiro celebramos o Día escolar da Non Violencia e da Paz mediante os seguintes actos :
Fixemos un festival onde os nosos presentadores nos ían dando o guión :
Os nenos e nenas de 1º B recitáronnos un poema de Antonio García Teixeiro .Tres nenos/as 2º , e tres nenos de 3º curso léronnos unhas poesías moi fermosas sobre a Paz,algúns alumnos/as de 5º A leron poesías feitas por eles mesmos.
O Club da Lingua representou a obra " Un virus informático "
Proxectamos o Flashmob de Infantil ,1º,2º,3º de E.P. "Todos somos capitáns"
E tamén o Flashmob de 4º,5º,6º de E.P." un beso redondo "
Ao rematar saímos todos o patio para realizar o baile solidario ,con todas as moedas que se recaudaron, farase unha doazón a Cruz Vermella.