Skip to Content

Aprendemos xogando!

 Na aula de psicomotricidade traballamos a través da música e dos xogos.

Na aula de psicomotricidade

Melloramos a coordinación, o coñecemento do  propio   corpo, entre outras, a través de distintas  actividades   que fomentan a nosa autoestima, a  creatividade, a imaxinación e favorecen ao   mesmo tempo o desenrolo   afectivo para a resolución dos propios conflitos e as nosas relacións sociais coas persoas que nos rodean.

Descubrimos un mundo de posibilidades que favorecen o noso desenvolvemento mentras pasamos un bo rato.Sorriso

 

Despois de comer...

Lavamos os dentes despois de comer. Todos os días levamos o noso estoxo con cepillo e pasta. Temos uns reloxos de area para controlar o tempo e cepillar os dentes correctamente. Os maiores son moi responsables e axudan aos máis pequenos se o precisan.Guiño

Despois de comer...

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

Velaí tedes as recomendacións de lecturas para estas vacacións. Buscade sempre un momentiño para ler.

"Un neno que le será un adulto que pensa." Felices lecturas!

FIN DE TRIMESTRE

Estimadas familias, 

Xa faltan poucos días para que remate este trimestre. Xa vamos colgando no noso árbore os adornos de nadal feitos polo alumnado.

Lembrade que o mercadiño solidario da ANPA estará aberto os seguintes días:

- O xoves 20: de 16:00h a 17:30h 

- O venres 21: a partir das 12:00h

O venres 21, as familias do alumnado de infantil e 1º, 2º de primaria estades convidados ao festival de Nadal. Desenvolverase en dous actos:

- 1º Acto: alumnado de infantil, ás 11:00h

- 2º Acto: alumnado de 1º e 2º, ás 12:30h

O venres 21 as clases rematan ás 14:15h polo que o alumnado non poderá saír do centro ao remate do festival, agás por causa xustificada. Agradecemos que respecten os horarios de saída e as actividades organizadas polo profesorado para o alumnado.

As notas entregaranse ao alumnado o venres 21.

Vémonos á volta das vacacións, o martes 8 de xaneiro.

FIN DE TRIMESTRE

RECORDATORIO

RECORDATORIO

Lembrade que segundo a  Orde do 28 de maio de 2018 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia., o vindeiro venres, 7 de decembro, non é día lectivo por ser o Día do Ensino en Galicia.

DÍA DA FROITA

Lembrade que todos os venres merendamos froita no recreo.

Desde o CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro seguimos a promocionar hábitos de vida saudable.

Recomendamos que non traian doces industriais ou lambetadas para as merendas do recreo.

Grazas pola súa colaboración!

DÍA DA FROITA

IMPRESOS DO CENTRO

Liga de brilé

MERENDA SAUDABLE

VIDEO RESUMEN PROXECTO EDUEXCHANGE

Distribuir contenido


by Dr. Radut