Skip to Content

REUNIÓN PAIS/NAIS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

A PRIMEIRA REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO  4º DE EDUCACIÓN INFANTIL SERÁ O XOVES 27 DE XUÑO ÁS 11:00h NO SALÓN DE ACTOS.

Na reunión informarase do período de adaptación, material necesario  e outra información de interese.

REUNIÓN PAIS/NAIS DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

SEMENTE DE IGUALDADE

O alumnado de 4º e 6º de primaria tivo o pracer de asistir a unha exposición sobre as orixes do feminismo con antigas alumnas do noso centro. Antía, Irene, Aroa e Antía, xunto con outras compañeiras (Carla e Joana), participaron nun fermoso proxecto "Creando igualdade ofrecemos o mellor de nós"do IES Ferro Couselo co gallo de visibilizar o papel da muller na historia e crear conciencia da necesidade de seguir na reivindicacion da igualdade entre homes e mulleres. 

Noraboa ao profesorado de Xeografía e historia do IES Ferro Couselo polo traballo sobre patrimonio inmaterial con fotografías antigas das familias do alumnado de 1º da ESO.http://alumnadoferrocouselo.simplesite.com/

Moi orgullosas das nosas antigas alumnas, Irene  Novoa, A (Xosé Lois) Antía Freire, Aroa e Antía Alonso, do seu traballo e con que paciencia atenderon á rapazada que foi ver a exposición. Noraboa a todas!

 

LETRAS GALEGAS 2019

Xa podedes descargar as fotos e os vídeos do festival das Letras Galegas. Na Galería de vídeos, ademais, tedes os vídeos de todas as actividades que fomos facendo ao longo deste curso.

OBRADOIRO DE FÚTBOL SALA

 

 

O alumnado de 4º e 5º tivo a sorte de practicar o fútbol sala co Ourense Envialia Fútbol Sala Feminino. Ademais de coñecer de primeira man este deporte, coñeceron a dúas xogadoras do primeiro equipo: Vane e Chiky. 

Grazas por vir! O vindeiro curso repetiremos!

FASE ESCOLAR PROVINCIAL DE BÁDMINTON

O sábado 1 de xuño tivo lugar a fase provincial de Bádminton XOGADE na que participaron os clasificados na fase comarcal. Noraboa aos cinco participantes polo esforzo e ilusión no xogo. Seguide traballando arreo para mellorar e non esquezades nunca que

                     ÁS VECES SE GAÑA E OUTRAS SE APRENDE!

Grazas ás familias pola paciencia nun día de tanta calor, por apostar polo deporte e pola vosa colaboración. O vindeiro curso máis e mellor!

CORRELINGUA 2019

Hoxe participamos no Correlingua: unha xornada de convivencia na que aprendemos máis sobre a nosa cultura e a nosa lingua a través de xogos e cancións, ademais de coñecer nenos e nenas doutros colexios. Xogamos á turrasoga, ao paracaídas, á ra, carreiras de sacos, camiñamos cos zancos... Ao rematar repartiron os premios ás pancartas co lema "O galego é a fórmula". O alumnado de 5ºA creou un deseño moi orixinal. E resultou que os gañadores do primeiro premio foron...

 

Ao rematar na Praza Maior, ocupamos as rúas ata ao Auditorio onde cantamos e bailamos. Aí vos deixamos a participación dos nenos e nenas de 5ºA. 

 

 Noraboa ao alumnado de 5ºA polo traballo realizado e ao resto do alumnado polo apoio e colaboración.

Rosalía en familia

Consultade a GALERÍA DE VÍDEOS para ver e descargar os vídeos do proxecto Rosalía en familia. Grazas a todas as familias que colaboraron nesta fermosa actividade. Gozade do resultado!

DÍA DA BICI

O alumnado de 5º e 6º de primaria participou no "Día da bici", unha iniciativa enmarcada dentro do progrma de Mobilidade sostible e segura. Foron ata o CEIP Filomena Dato onde se reniron co alumnado dese centro. Fixeron o camiño de volta todos e todas xuntos/as. A pesar das nubes, puidemos disfrutar do circuito, prestando atención ás normas de circulación e seguridade. Agradecemos ao persoal de Protección Civil e á Policía Local pola súa labor.

ESTAS VACACIÓNS RECOMENDAMOS...

Obradoiro de ciencia divertida

O alumnado de 5º de educación infantil participou nun obradoiro de ciencia divertida.

Aprenderon a coidar mellor os seus dentiños elaborando a súa propia pasta de dentes, de diferentes cores e sabores.

Coñeceron á mestra Dona Pati Patidifusa e ao mestre Don Illo Pepinillo.

Os nosos dentiños han quedar limpos e relucentes!

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut