![](/centros/ceiporuxidoiro/system/files/8%20MARZO%20INFANTIL.jpg)
O Día Internacional da Muller é unha oportunidade para botar a vista atrás e ver os pasos adiante dados cara o logro da igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres no mundo enteiro.
Hoxe lembramos a Concepción Arenal, unha muller galega pioneira no movemento feminista que decidiu cursar estudos de dereito, disfrazada de home, cando o acceso á universidade estaba prohibido para as mulleres.Pero se podemos destacar un dos empeños de Concepción Arenal, sería a súa incansable loita por mellorar a situación das reclusas nas cárceres.
Premede na imaxe para ver a súa ficha.
![](/centros/ceiporuxidoiro/system/files/concepcion%20arenal.jpg)
O Equipo de dinamización da biblioteca fainos as seguintes recomendacións:
![](/centros/ceiporuxidoiro/system/files/RECOMENDACIONS%20BIBLIO.jpg)
No noso centro estamos a facer diferentes actividades para darlle visibilidade a todas esas mulleres que deixaron a súa pegada na loita feminista. Premede na imaxe para ver os nosos traballiños.
![](/centros/ceiporuxidoiro/system/files/IMG_20210308_152942_0.jpg)