Skip to Content

Dinamización Lingüística

Un rapas transquilo!

O equipo de convivencia e benestar emocional en colaboración cos equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega convidou a ÉRIC DOPAZO  a unha presentación na nosa biblioteca. Escritor, mestre, músico e autor do libro Eduardo Blanco Amor. Blanco amor puido ser un escritor calquera pero non o foi; atreveuse a ser el mesmo nunha época na que pouca xente o facía. 
Na era das redes sociais, da intelixencia artificial, reivindicamos un mundo diverso cheo de todas as cores e, por suposto,  SER NÓS MESMOS!
 
 
 
 
O respecto aos demais comeza por entender que cada un, cada unha ou cada unhe somos diferentes. Abrazar a diversidade é perder o medo ao que non coñecemos, derrubar muros e falsas crenzas e posicionarnos sempre cos DEREITOS HUMANOS. Escoitamos e reflexionamos con Éric despois dun curso enteiro de pensar o bo trato e os coidados e de querer tecer redes de amizade entre nós...

# Emociónate#Iguálate#Convive.

 

 

Os avós e as avoas tamén contan!

Un ano máis, os avós e as avoas achegáronse ás aulas a contar os contos favoritos dos netos e das netas. A experiencia resultou moi enriquecedora para a rapazada. Deixamos unha pequena mostra dos momentos compartidos.

Letras galegas 2024: Luísa Villalta

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, está adicado a 

LUISA VILLALTA

 

escritora, filóloga e violinista galega.

Premede nas ligazóns a distintas actividades sobre a vida e obra desta autora galega.

 
 
 
 
Algunhas recomendacións lectoras.

O alumnado de 5ºB realizou un faladoiro para homenaxear a LUÍSA VILLALTA, a  poeta a cal a RAG adica este ano as Letras Galegas.


Con este podcast a nosa escola participa no VI CONCURSO DE PODCAST-RADIO NA BIBLIO. Premede na imaxe para escoitalo.

Xa temos gañador@s!

 Atención! Atención!

Xa temos gañadores e gañadoras do 

 

Concurso de Microrrelatos sobre a 

non discriminación por razón de xénero.

 

 

Noraboa a Rafael, Álvaro, Carolina e Beatriz!

Grazas a todos e todas as participantes!

Letras Galegas 2024

 

Día das Letras Galegas 2024: Homenaxe a Luísa Villalta nas radios escolares entre a que se atopa o noso centro. 

https://escolasnasondas.com/dia-das-letras-galegas-2024-homenaxe-a-luisa-villalta-nas-radios-escolares

 

 

Telexornal disparatado

O alumnado de 2ºB preparou este TELEXORNAL DISPARATADO para dar o tempo en Galiza. Ademais probamos a técnica audiovisual de CROMA. Deixamos aquí o resultado.

Non sabemos como vestirnos con este tempo tan tolo!

 

Contacontos con Xana

O 22 de marzo visitou o noso centro unha cadeliña de Intervención asistida acompañada de Nuria.

 

Visitaron as aulas de Educación Infantil e, ademais, contaron un conto ao alumnado de 2º de Educación Primaria.

"Por catro esquiniñas de nada", Jérome Ruillier. Un conto de apariencia moi simple pero que agocha unha gran lección. Un conto sobre a amizade, a diferenza e a inclusión. 

Velaí tedes un vídeo dos mellores momentos desta visita.

Obradoiro de chapas

Ao longo do mes de marzo e co gallo de conmemorar a 

Rosalía de Castro e o mes de muller, fixemos obradoiros de chapas con diferentes grupos do centro.

Desde a biblioteca queremos agradecer a Juanlu Nacha, ilustrador galego, por emprestarnos a súa ilustración de Rosalía de Castro.

 

Vídeo resumo da actividade

ENCONTROS CO AUTOR: DAVID RODRÍGUEZ

O pasado 15 de marzo visitou a nosa biblioteca o autor do conto de Súperavoa, David Rodríguez.

O alumnado de 1º e 2º compartiu os súperpoderes que teñen as nosas avoas: dar mimos, curar as feridas, cociñar receitas soborosas, contar historias fermosas, facernos rir, sandar as penas...

 

Que faríamos nós sen as nosas avoas?

Concurso de micro-relatos

Distribuir contenido


by Dr. Radut