Skip to Content

Polos Creativos

Experimentando na aula de 2ºB

Adecuando o espazo fedelleiro

A nosa biblioteca ten un espazo novo que xa viñamos utilizando para algunhas actividades pero que necesitaba un pouco de organización. A nosa idea é deixar esta zona da biblioteca como o

ESPAZO FEDELLEIRO E STEAM,

un espazo para a investigación, creación, construción, gravacións e edicións de vídeo... En definitiva, un espazo para CREAR e APRENDER.

Costura nas bibliotecas creativas

Seguimos co noso obradoiro de costura.

Aprendendo a manexar a máquina de coser. Somos uns artistas!

Telexornal disparatado

O alumnado de 2ºB preparou este TELEXORNAL DISPARATADO para dar o tempo en Galiza. Ademais probamos a técnica audiovisual de CROMA. Deixamos aquí o resultado.

Non sabemos como vestirnos con este tempo tan tolo!

 

Estrenando material da Consellería...

Xogando coas matemáticas

Na clase aprendemos matemáticas xogando.

Traballo en equipo, aprendemos uns dos outros e... Divertímonos!

Obradoiro de chapas

Ao longo do mes de marzo e co gallo de conmemorar a 

Rosalía de Castro e o mes de muller, fixemos obradoiros de chapas con diferentes grupos do centro.

Desde a biblioteca queremos agradecer a Juanlu Nacha, ilustrador galego, por emprestarnos a súa ilustración de Rosalía de Castro.

 

Vídeo resumo da actividade.

Origami: avión de papel

O pasado 21 de marzo, o alumnado de 2ºA participou nunha actividade de origami na clase de ART, introducida e explicada polo seu compañeiro, Hñector.

Fixeron un avión de papel en forma de tubo. Saímos ao patio a experimentar como voaba mellor.

Probamos de diferentes maneiras:

- Con ás ou sen ás.

- Collendo o avión pola parte traseira ou dianteira.

- A forma de doblalo foi determinante para que voara ben.

Velaí tedes un pequeno vídeo da actividade.

Distribuir contenido


by Dr. Radut