Skip to Content

Radio na biblio

5ºB. FALADOIRO.LUÍSA VILLALTA, CON VOZ PROPIA

Falafoiro realizado polas/os alumnas/os de 5º B de E.P. do Ceip Plurilingue O Ruxidoiro para homenaxear a LUÍSA VILLALTA, a  poeta a cal a RAG adica este ano as Letras Galegas.

Con este podcast a nosa escola participa no VI CONCURSO DE PODCAST-RADIO NA BIBLIO.

 

5ºB/ DIA DA ÁRBORE E DA POESÍA

POLO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA QUEREMOS FACER UN RECORDATORIO DA IMPORTANCIA DE COIDAR AS ÁRBORES POLOS ENORMES BENEFICIOS QUE NOS APORTAN, E CLARO FACÉMOLO PLANTANDO UNHA ÁRBORE E CREANDO UN POEMIÑA .

Festexémolo como se merece!

 
 

Con Rosalía na Biblio / 23 Febreiro

Homenaxeamos a Rosalía, na data do seu nacemento, recoñecendo nela a muller galega poeta, feminista, creativa, intelectual...

"Yo, sin embargo, soy libre, libre como los pájaros, como las brisas; como los árboles en el desierto y el pirata en la mar."(Rosalía de Castro)

Para lembrar a Rosalía os equipos de dinamización da lingua e da biblioteca convidáronnos a un obradoiro de chapas. Encantóunos a actividade. Moito  a disfrutamos. Mirade, mirade ...

5ºB- XA CHEGA O ENTROIDO

 

carnaval-imagen-animada-0023

O Entroido é  unha celebración de larga tradición popular  na provincia de Ourense, e nós, os alumnos e alumnas do Ceip Plurilingue O Ruxidoiro, queremos convidarvos a participar da troula máis animada do ano na nosa provincia.

Ourense é entroido!

Ourense é foliada!

  * Nós  colaboramos con Ponte... nas Ondas!  no Día Mundial da Radio , o 13 de febreiro de 2024.

Feliz día da radio 

UN NADAL EN GALEGO-5ºB

FELICITA O NADAL EN GALEGO!

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5ºB ANÍMANVOS A ENVIAR AS VOSAS MENSAXES DE NADAL EN GALEGO...AÍ VAN AS SÚAS ENXEÑOSAS PROPOSTAS!

ESCOITÉMOLOS

 

 

RAP DA RECICLAXE

Os nenos e nenas de E. Infantil teñan unha mensaxe: RECICLA, RECICLA E COMPARTE...

Os nenos precisan renovar os xoguetes pero, que acontece con aqueles que xa non usan? Escoitemos aos máis cativos do colexio. A mensaxe é  clara : eduquemos no consumo responsable e na conservación do medio ambiente.

 

Contra a violencia de xénero dicimos: #acabouse

 Contra a violencia machista o alumnado do Ruxidoiro di   #acabouse

Na biblioteca temos as nosas lentes violetas porque cremos nun mundo sen violencia, nun mundo onde os homes e as mulleres, as nenas e os nenos sexan tratados co mesmo respecto.

 

En infantil, miramos o mundo con lentes violetas

O alumnado de 6º gravou na radio un manifesto contra a violencia de xénero, logo dunha reflexión nas aulas das distintas violencias, os estereotipos., micromachismos... Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.
O alumnado do 1º ciclo reflexionamos sobre o consentimento a través dos contos.
Como saudamos aos adultos?
Temos a obriga de bicar ou dar apertas se non queremos? 

 As nenas e os nenos temos dereito a decidir a quen bicar e cando bicar. Os adultos temos a responsabilidade de escoitar e respectar as súas decisións.

As nenas e os nenos de 2º gravamos na radio o noso manifesto. 

"Nin un biquiño á forza"

Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.

 Ademais fixemos a nosa versión do mesmo conto. Velaí vos deixamos o resultado.

 

Traballamos nas aulas sobre os estereotipos, contra todas as violencias, a importancia do consentimento e berramos #acabouse

 

 

1º Premio de Podcast na Categoría de Ensino Primario/Ensino Básico. Ponte... nas ondas!

Ponte…nas ondas! entrega os premios da VI Edición do Certame “As imaxes do patrimonio

 

Hoxe asistimos, moi orgullosas do noso, ao acto do VI Certame de Recolla das Imaxes do Patrimonio que tivo lugar en Ourense na Sala Marie Curie da Facultade de Ciencia, e recollimos un 1ºPREMIO DE PODCAST, onde a nosa ex alumna de 6º,Sara Vazquez, gañou un merecidísimo 1º premio polo seu ben facer na nosa escola.   Noraboa, Sara. 

*Este certame premia fotografías representativas do patrimonio material e inmaterial enviados por alumnos/as de centros educativos de Galicia e Portugal, onde  explican nun podcast o contido da imaxe.

 

Categoría Ensino Primario/Ensino Básico 

1º Premio: Sara Vázquez

CEIP Plurilingue O Ruxidoiro. Barbadás

 

O MAGOSTO XA CHEGOU - 5ºB

O MAGOSTO XA ESTÁ AQUÍ // 5ºB

NÓS ,os de 5ºB,  estamos desexando volver a celebrar o  tradicional magosto no cole e entrementres agardamos polo ansiado día, preparamos un recitado para animar o magosto no colexio.

AGARDAMOS VOS GUSTE...E BO MAGOSTO! Magosto | CEIP Torre de Hércules

 

 
 

"Apertura da biblioteca"

Estreamos curso con novos e novas axudantes de biblioteca. Este ano, o alumnado de 6º está moi ilusionado e con moitas ganas de colaborar, axudar e participar en todas as propostas que xurdan para dinamizar a nosa biblioteca.

Hoxe seis nenos e nenas subiron á radio a gravar unha cuña publicitaria para informar da apertura da biblioteca o próximo luns 9 de outubro.

Rapazada e non tan rapazada, animádevos a visitarnos!!!

 

 

                             

Distribuir contenido


by Dr. Radut