Skip to Content

Radio na biblio

LEDICIA COSTAS NA RUXI RADIO

 

O pasado venres 10 de xuño recibimos con gran ilusión a visita de Ledicia Costas. A autora de "Conexión Macarrón", "Os Minimortos", "A señorita Bubble", "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Infamia"... e tantas e tantas outras, estivo no Ruxidoiro.

O alumnado de 6º aproveitou para facerlle unha entrevista na Ruxiradio.

Encantados de recibirte Ledicia! Ata a próxima!

       

            

 

3ºB. “FALADOIRO: VERBAS QUE VEÑEN E VAN!”

PODCAST:  "VERBAS QUE VEÑEN E VAN"

 

Desenvolvemos este podcast, FALADOIRO, cos alumnos e alumnas de 3º B de Educación Primaria perseguindo unha finalidade educativa e lúdica e enmarcado dentro dun obradoiro de expresión oral. 

As palabras moven o mundo, animádevos a utilizalas con agarimo!

 

Cando eu saiba ler

O alumnado de 6º de Infantil recita unha poesía de Yolanda Castaño, "Cando eu saiba ler".

Trátase dun extracto dun poema que aparece no libro do mesmo título. Con esta poesía traballamos o mes da poesía xunto coa figura de Rosalía de Castro e de Yolanda Castaño como unha das súas sucesoras.

 

 

Novidades: xa temos o noso logo

 

XA TEMOS LOGOTIPO PARA A NOSA RADIO ESCOLAR

As nenas e os nenos da nosa escola imaxinaron e crearon un logotipo que identifica a nosa radio...
A final foi moi emocionante e competida ata o último voto, pero so podía haber un debuxo gañador!

 Despois do concurso para seleccionar o logo da nosa Radio escolar, aquí temos aos  finalistas e a gañadora co logo que representará a nosa Radio.

Parabéns a todos e todas!

 

SEGUNDA ENTREVISTA DO MES

Nesta ocasión entrevistamos ao noso Auxiliar de Conversa MATT:

 

Deseños do Logo para representar a Ruxi Radio

Grazas pola vosa participación no noso concurso para elexir o LOGO que representará a RUXI RADIO.

Son todos os logos xeniais.

 

Vai ser moi dificil elexir, xa que son todos moi creativos e todos representan dun xeito claro e inequívoco a imaxe da radio do Ruxidoiro.

Flecha Azul Jugar    Preme no ENLACE para ver o vídeo.

 

 

EL CLUB DE LOS RAROS

 

ENTREVISTA DO MES

ENTREVISTA AO NOSO CONSERXE FRAN , peza indispensable do centro.

Distribuir contenido


by Dr. Radut