Skip to Content

Radio na biblio

"Apertura da biblioteca"

Estreamos curso con novos e novas axudantes de biblioteca. Este ano, o alumnado de 6º está moi ilusionado e con moitas ganas de colaborar, axudar e participar en todas as propostas que xurdan para dinamizar a nosa biblioteca.

Hoxe seis nenos e nenas subiron á radio a gravar unha cuña publicitaria para informar da apertura da biblioteca o próximo luns 9 de outubro.

Rapazada e non tan rapazada, animádevos a visitarnos!!!

 

 

                             

CONTO: " O INDIO E A CHOIVA"- 6ºB

Rematamos este curso 22/23 cós alumnos/as de 6ºB, que fixeron unha adaptación do conto de Pinto & Chinto da editorial  Kalandraka. Escoitade a súa achega.

 

4ºB / LETRAS GALEGAS 2023

 O Día das Letras Galegas permítenos facer unha viaxe hacia a nosa lingua, que festexamos a través da persoa á que lle dedicamos a celebración.

Nesta ocasión a personalidade e a obra deFrancisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 - Vigo, 2010), coñecido como Don Paco. Escoitemos aos alumnos e alumnas de 4º B que nos falan da vida e obra deste ilustre galeguista.

 

6ºA /LETRAS GALEGAS 2023

O 17 de maio celebramos a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG) que chega á súa 60 edición homenaxeando ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego. Para homenaxear ao autor de Lourenzá ,os alumnos e alumnas de 6ºA, fixeron unha investigación sobre a obra galeguista de Don Paco. Escoitámolos.

 

AS IMAXES DO PATRIMONIO

Fotos para a 6ª edición de #ImaxesdoPatrimonio!

 

Traballando na RUXIRADIO arredor do patrimonio inmaterial, utilizando as fotografías como medio para coñecer e apreciar a nosa cultura .

 

 

1. Foto e podcast de MIHRET Salgado García de 6º B.

Liñase .Esta fotografía pertence á familia de Mirhet e que ela mesma nos explica con gran agarimo quen son e que relación teñen con ela mesma. Trátase de mulleres fortes, mulleres doutra época que coa súa vitalidade e saber facer deron a súa descendencia carácter e sabiduría para a vida.

  

 

 2.- Foto e podcast de VERÓNICA, Mota Paz de 6º B.

Cerimonia.- A foto que nos achega Verónica é unha imaxe dunha celebración familiar, unha festa de casamento, na que a súa familia disfruta dunha xuntanza e posan coas súas mellores vestimentas e cunha sorrinte faciana e que amosa claramente a forma propia de vestir de cerimonia naquelas épocas . Escoitamos o que nos di Verónica.

 

   

 

 3.- Foto e podcast de SARA Vazquez de 6º B.

A Emigración.- Foto que nos achega Sara e que nos amosa unha historia da emigración da súa familia, na que recordamos como moitos de nosos paisanos tiveron que emigrar en busca dunha vida mellor. Escoitamos a Sara como nos conta a historia da imaxe.

 

 

4.- Foto e podcast de DANIELA Feijoo de 6º B.

A Emigración.-A foto que nos amosa Daniela é unha historia da emigración galega, e que está baseada nas vivenzas da súa propia familia. Daniela fálanos da emigración a Alemaña dos seus avós paternos. Escoitámola.

 

 

 

ENTREVISTAMOS A: EL HEMATOCRÍTICO / 4ºB

 Miguel Ángel López González, popularmente coñecido como "El Hematocrítico" é un mestre,humorista,escritor, blogueiro... pero a nós gústanos moito polos seus divertidos libros infantís de Max Burbuja e Dona Problemas. Grazas por vir a nosa escola e trasmitirnos a pasión pola lectura e escritura. Agardamos polas noticias dos teus próximos libros...

 

6ºB / Manifesto Día da Muller

6ºB / DÍA DA MULLER/2023

Un tema que non falta no traballo da nosa emisoraa escolar e o da  #EducaciónenIgualdade.

Curso 2022/23

Entre todos e todas debemos traballar os 365 días do ano na concienciación da IGUALDADE DE XÉNERO.

Debemos axudar a que cada unha das rapazas e mulleres, en igualdade de oportunidades e condicións que os homes, poidan ocupar na sociedade o lugar que lles corresponde por dereito propio, e que non é outro que o que elas desexen.

                          MANIFESTO 

 

6ºA. Manifesto 8 de marzo

MANIFESTO ELABORADO POLAS/OS ALUMNAS/OS DE 6ºA

Nun día tan especial coma este 8M de 2023, alumnos e alumnas, profesores e profesoras unímonos nun xesto conxunto a prol da igualdade.

6ºB. As comidas do ENTROIDO

Un Entroido "ilustrado"

É TEMPO DE ENTROIDO, DE TROULA...PERO GALICIA  FAISE ESPECIALMENTE "DELICIOSA E APETITOSA" DURANTE O ENTROIDO. OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º B FÁLANNOS DAS SABOROSAS COMIDAS DESTAS DATAS. ATENTOS!

 

6ºB- Xa chega o entroido a Ourense!

Las ancestrales máscaras y trajes del Entroido (carnaval gallego)  ilustradas por Iria Prol - Cultura InquietaO ENTROIDO OURENSÁN É ÚNICO POLA SÚA VARIEDADE DE MÁSCARAS E POLA SÚA ANIMADA TROULA.

Escoitemos aos MOZOS E MOZAS de 6ºB falando destas curiosísimas personaxes .

Distribuir contenido


by Dr. Radut