Skip to Content

PVAD

ROTEIRO LITERARIO DE CARMEN MARTÍN GAITE

Os nenos e nenas de 4º curso puideron disfrutar do roteiro cun guía, contándolles con detalle todas as curiosidades, polos espazos vitais e literarios desta grande escritora do concello de Barbadás (Piñor).

Presumindo de escritora do noso concello!!!!!

 

DÍA DA SAÚDE

O alumnado do centro recibiron información moi importante sobre a saúde de xente especializada do COS (Centro Operativo de Servizos) da Garda Civil, podendo ver de preto o seu helicóptero, e incluso subirse a éste.

Quedaron abraiados!!!!!

 

Excursión de 6º curso a Castrelo de Miño

Nesrta ocasión os nenos e nenas de 6º curso de primaria cambiaron os bolígrafos polas palas de paddle surf para poder remar no embalse de Castrelo de Miño.

Foi unha xornada inesquecible!!!!!!

BÁDMINTON EN PADRENDA

 

O 19 de abril participamos no Torneo de Bádminton en Padrenda, no cal conseguimos varias medallas grazas ao empeño e esforzo do noso alumnado.

Sodes uns auténticos campións e campioas!!!!

ORIENTACIÓN EN RIBADAVIA

 

O mércores 24 de Abril os nenos e nenas de 6° de EP visitamos as instalacións do Parque da Veronza en Ribadavia para poñer en práctica o aprendido no centro. Grazas a un fantástico circuito de Orientación puidemos experimentar unha simulación dunha carrera de Orientación no parque e no campo de fútbol.

Cross de Muíños e Ribadavia

 

A través do Programa Xogade os nenos e nenas do noso centro pudieron participar en diversas probas atléticas como foi o Campo a través de Muíños e Ribadavia, conseguindo, grazas ao seu esforzo, subirse ao pódium.

Fixestes un grande traballo!!!!

Ruta da Catalina

 

O Pazo de Bentraces foi visitado polos dous grupos de 3º curso desfrutando tanto dun paseo polos xardíns que o rodean (20.000 metros cadrados) como das habitacións museo no que atoparon utensilios moi antiguos e interesantes. Pero unha das cousas que máis lles gustou, foi a compañía das dúas tartarugas inquilinas de dito pazo.

Encantoulles pasear con elas polo bosque autóctono que posee!!!

ACTIVIDADE LÚDICO-DEPORTIVA: GLADIATOR

Esta actividade é unha das últimas que fixemos do Programa Xogade, Gladiator; onde os nenos e nenas de 6º curso mediron a súa capacidade nas probas de forza-resistencia que tiñan organizadas nun entorno moi natural; das cales saíron moi airosos.

ACTIVIDADE PIRAGÜISMO-DRAGÓNS PARA 6º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 6º de primaria viviron unha experiencia a bordo dunha embarcación moi especial de piragüismo, actividade lúdico-deportiva integrada dentro do Programa Xogade da Xunta de Galicia no embalse de Castrelo de Miño.

Xogamos ao golf no Pitch and Putt de Ourense

Os nenos e nenas de 4º de primaria visitan as instalacións do Pitch and Putt de Ourense e practican uns golpeos de golf coa axuda dos monitores.

Unha experiencia moi enriquecedora para coñecer novos deportes!!!

Distribuir contenido


by Dr. Radut