Skip to Content

Dinamización Lingüística

Comeza a troula!

 ¿Que será que cando chega

cunha ledicia sen par,

a xente tápase a cara

e logo ponse a bailar?
 
Comeza o TEMPO DE TROULA,  a festa que máis nos gusta: 
O ENTROIDO!
O Meco do Ruxidoiro xa nos enviou os MANDADOS.
Comezamos o luns,5 de febreiro!
 

Comezamos a troula!

Comeza a troula no Ruxidoiro!

Velaí tedes o rpograma de actividades do Entroido.

Día da muller e da nena na ciencia

11 de febreiro: AS MULLERES SON CIENTÍFICAS!

Foi proclamado no ano 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas. E por que credes que non coñecemos tantas mulleres científicas? 

Será porque as mulleres tiveron máis dificultades de acceso á educación? 

Algunhas ata se tiveron que disfrazar de homes para poder estudar nas universidade!

Aquí vos deixamos propostas para investigar e

pescudar sobre mulleres científicas. 

Coñecedes o efecto Matilda?  #NOMOREMATILDAS

Na biblioteca atoparedes lecturas diversas   sobre mulleres na ciencia. 

Recomendacións para o Día da Paz

Volver a casa por Nadal!

Contra a violencia de xénero dicimos: #acabouse

 Contra a violencia machista o alumnado do Ruxidoiro di   #acabouse

Na biblioteca temos as nosas lentes violetas porque cremos nun mundo sen violencia, nun mundo onde os homes e as mulleres, as nenas e os nenos sexan tratados co mesmo respecto.

 

En infantil, miramos o mundo con lentes violetas

O alumnado de 6º gravou na radio un manifesto contra a violencia de xénero, logo dunha reflexión nas aulas das distintas violencias, os estereotipos., micromachismos... Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.
O alumnado do 1º ciclo reflexionamos sobre o consentimento a través dos contos.
Como saudamos aos adultos?
Temos a obriga de bicar ou dar apertas se non queremos? 

 As nenas e os nenos temos dereito a decidir a quen bicar e cando bicar. Os adultos temos a responsabilidade de escoitar e respectar as súas decisións.

As nenas e os nenos de 2º gravamos na radio o noso manifesto. 

"Nin un biquiño á forza"

Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.

 Ademais fixemos a nosa versión do mesmo conto. Velaí vos deixamos o resultado.

 

Traballamos nas aulas sobre os estereotipos, contra todas as violencias, a importancia do consentimento e berramos #acabouse

 

 

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

No centro celebramos o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller realizando distintas actividades nas aulas, biblioteca, radio escolar e tamén redactando un escrito o alumnado de 6º de educación primaria entre outras. Todas as actividades encamiñadas a reflexionar sobre o bo trato e o rechazo a todo tipo de violencia. 

 

O 25 de novembro dicimos #ACABOUSE

Ao longo deste curso, comezando coa conmemoración do Día contra as violencias machistas, o equipo de convivencia propón unha serie de actividades para mirar o mundo que nos rodea con LENTES VIOLETAS.

Reflexións nas aulas sobre os estereotipos, os micromachismos; analizamos letras das cancións que escoitamos, as series que vemos, os "influencers" que seguimos e os libros que lemos e temos nas aulas. 

 

Na biblioteca tedes unha urna para deixar as vosas reflexións. Animamos ás familias a participar!

Desde a biblioteca facemos as seguintes recomendacións lectoras, xogos e cortos que iremos ampliando coas vosas aportacións. Esperamos as vosas suxestións!

TEMPO DE MAGOSTO

 Tempo de outono, tempo de unha das nosas festas tradicionais favoritas: 

                    O MAGOSTO!

Aí deixamos unha recompilación de recursos interesantes para aprender máis sobre esta festa: cantigas, adiviñas, refráns, xogos, imprimibles e contos.

       Premede na imaxe.

MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS... EN GALEGO!

Iniciamos curso con novos proxectos na biblioteca: 

O CLUB DE CIENCIAS

Neste mes de novembro: 

Nas aulas e na biblioteca imos facendo os nosos experimentos. 

En 5º de educación infantil chegou unha misteriosa carta do profesor Aguado. Nela, propoñía un reto para o alumnado.

Con tres utensilios: coador, embude e esponxa,

Seredes quen de trasvasar a auga dun recipiente ao outro? 

Pensando e probando... adiviñaron como facelo!

O alumnado de 2º aproveitou o Samaín para facer o experimento "O globo máxico"

            

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut