Skip to Content

Información sobre o Coronavirus (COVID-19)

Dende a Dirección Xeral de Saúde Publica da Consellería de Sanidade fannos chegar información relativa ao coronavirus (COVID-19) que resulta de interese para os centros educativo.

COMO PROTEXERNOS?

                            

RECOMENDACIÓNS PARA OS NENOS/AS

O peche dos centros educativos e universidades é unha medida de contención reforzada para evitar a circulación do virus na comunidade, polo que..

Nenos e nenas:

• Deberáselles ensinar as medidas de hixiene (lavar as mans, tusir en pano ou cóbado)

MES DA POESÍA CON ROSALÍA

Contamos coas vosas ideas, creacións, aportacións, suxestións. 

#anosabibliomola

#poesíarosalía

#crearosalía

#marzoépoesía

 

CANTAMOS CON SUSA HERRERA!

O pasado martes 3 de marzo contamos coa visita de

Susa Herrera para encher a nosa biblio de música e diversión.


Que ben o pasamos cantando e bailando!

 

As mestras de infantil e primaria tamén bailaron.

Xa son profesionais! 

VISITA DE SUSA HERRERA!

O martes, 3 de marzo Susa Herrera visita a nosa biblioteca!

Xa estamos cos preparativos para recibir a Susa na nosa biblio.

Fainos especial ilusión porque coñecemos moitas das súas cancións e escoitala en directo será unha auténtica marabilla.

Queredes coñecer máis do traballo de Susa Herrera?

Mirade cantos libros musicais ten publicado, algúns xunto con Mamá Cabra.

                       

CITA A CEGAS CUN LIBRO!

O alumnado axudante da biblioteca xa ten preparada a CITA A CEGAS CUN LIBRO.

A cegas porque collemos os libros sen saber que hai no seu interior: aventuras, misterio, amor, amizade?

Toda unha sorpresa!

O AMOR está no aire no Ruxidoiro, amor polos libros!

Noraboa aos axudant@s polo traballo!

 

ESTAMOS DE ESTREA!

Seguimos coas xornadas adicadas á inauguración da nosa biblioteca.

Hoxe tocoulles ao alumnado de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.

Os protagonistas para cortar a cinta foron dúas nenas de 6º de Educación Infantil. Que ben o fixeron!

 

Para inaugurar a biblio ao grande visitounos Pablo Nogueira cunha contada dos seus libros "Nube Branca quere ser astronauta" e "A banda de Raimunda". Mirade o decorado que prepararon os voluntarios e voluntarias de 6º. Ademais o alumnado de 6º de Educación infantil prestounos o seu mural dos Planetas. Maiores e pequechos xuntos, un gran traballo en equipo!

 

Os grupos de 1º, 2º e 3º de primaria decoraron estas guitarras para a banda de Raimunda con moito arte, non si?

 

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA!

E chegou o GRAN DÍA! Todos e todas estabamos moi ilusionados coa apertura da nova biblioteca. 

Despois de meses de duro traballo, adicaremos varios días a inaugurar este máxico espazo que será o eixe central de todas as actividades do centro.

Dous alumnos voluntarios de sexto, Adrián e África, cortaron a cinta para a apertura da biblioteca. 

 

Comezamos coa visita de Magín Blanco, o venres 14 de febreiro, para o alumnado de 4º, 5º e 6º, ainda que tamén fixo unha paradiña co alumnado de infantil que quedou abraiado coas súas cancións.

Todo preparado para comezar!

XA CHEGA O ENTROIDO!

 

COMEZA O NOSO ENTROIDO OLÍMPICO!

O luns 17 de febreiro comezamos a troula!

Seguide con atención as instrucións do Meco!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

No CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro abrimos as nosas portas, as nosas fiestras e as nosas ganas de coñecervos. Convidámosvos a que exploredes de primeira man as nosas instalacións, para facer unha viaxe xunto a nós na que vos presentamos os nosos espazos, o noso persoal docente, os nosos recursos e o noso modelo educativo baseado en valores que forma ao noso alumnado en todos os ámbitos da vida,  respectando en todo momento as súas necesidades e capacidades.

 

Agardámosvos na seguinte data e horarios:

Xoves, 13 de febreiro pola mañá (10:30h) ou pola tarde (20:00h).

No caso de non poder asistir, poñédevos en contacto con nós no 

DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz cunha xornada de convivencia no patio. 

Cantamos "Todos somos capitáns" de Magín Blanco e demos lectura  ao noso Decálogo para xogar en Paz, elaborado por todo o alumnado do centro.

O Decálogo quedará exposto no centro durante todo o curso pois son as normas que aportou o alumnado, as normas que eles e elas decidiron para poder xogar a través do diálogo,  o respecto e a inclusión. 

Noraboa a todos e todas por este magnífico traballo!

Distribuir contenido


by Dr. Radut