Skip to Content

RUXI RETO 3: RECEITAS LARPEIRAS

 RUXI RETO 3: RECEITAS LARPEIRAS

Apetécevos compartir unas saborosas receitas de cociña? Collede un gorro e un mandil e ….

MANS Á MASA!

 O seguinte reto consiste en gravar audios ou vídeos en lingua galega  nos que nos contedes como se fai unha receita sinxela para que todos e todas podamos facela na casa.

 O obxectivo é practicar a lingua galega ao mesmo tempo que aprendemos a facer receitas exquisitas para pasar o tempo dunha maneira máis doce!

Debedes practicar un poquiño antes de gravar os audios/vídeos. O vídeo/audio deberá durar máximo 20 segundos.

 Podedes facer de dúas maneiras:

1-   Escribir a receita, acompañándoa de debuxos ou fotos e gravando un audio seguindo os pasos indicados.

2-    Gravar un vídeo seguindo os pasos.

 Unha vez teñades todo feito podedes envíalo a este correo do cole:

ceiporuxidoiro@gmail.com

Indica o teu nome e apelidos e o curso e autorización das vosas familias para publicalo.

DATA DE ENTREGA(aproximada): luns 6 de abril

Podedes descargar o ficheiro adxunto para poder escribir a receita ou premede AQUÍ.

 

QUE FACEMOS NA CASA?

Estimadas familias,

Achegamos o resultado do segundo Ruxi Reto. Moitas grazas ás familias. 

 Enviamos tamén unha noraboa a todos os nenos e nenas que participaron neste vídeo. Fixestes un GRAN traballo!!!

 

                           

PARA VER O VÍDEO PREMEDE EN

#QUEFACEMOSENCASA?

#QUEFACEMOSNACASA 2ªPARTE

Podedes consultar todos os vídeos que publicamos na

GALERÍA DE VÍDEOS

 

Seguide atent@s á web  e ao blog da biblioteca para máis retos e novidades.

Moito ánimo a todos os nenos e nenas! 

RUXI RETO 2

RUXI RETO 2: QUE FACEMOS EN CASA?

AÍNDA ESTADES A TEMPO DE ENVIAR O VOSO RUXI RETO 2

Velaí tedes outra mostra que nos deixa Ángel.

Animádevos a participar!

O RUXI RETO 2 consiste gravar audios ou vídeos en lingua galega  seguindo este guión:

APRENDEMOS EN CASA

 

Resultado de imagen de G2 televion galega logo

 

A partir do luns 23 de marzo a segunda canle da Televisión de Galiza

emitirá programas educativos adicado ao estudantado.

A Televisión de Galicia vai emitir, desde o luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra coronavirus. Premede na imaxe para acceder á programación.

MENSAXES SOLIDARIAS!

 

Estimadas familias,

Achegamos o resultado do primeiro Ruxi Reto. Moitas grazas ás familias e ao profesorado participante.  seguide atent@s á web  e ao blog da biblioteca para máis retos e novidades.

Premede en #EUQUEDONACASA para ver o vídeo.

Co desexo de vernos pronto e que esteades todos e todas sans e a salvo.

#EUQUEDONACASA

 

#RUXIDOIROSOLIDARIO

Mensaxe para as familias

 

Estimadas familias,

Sabemos que moitas familias non dispoñen de impresora para poder imprimir as fichas que estamos subindo á web. Tamén hai familias que non dispoñen de computador ou que teñen que compartilo polo traballo dos pais e nais.

Non é necesario imprimir todo o que subimos. Poden e deben facer as tarefas nos cadernos das materias ou en folios que teñades en casa, aproveitando o espazo ao máximo polo que non fai falla que copien os enunciados.

Asemade, queremos transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade. O traballo que enviamos non é avaliable, é un traballo para que o noso alumnado non perda a rutina, por facer “ximnasia” mental, para liberar un pouco a ansiedade de estaren pechados nas casas. Os días son  longos e dá tempo para facer moitas cousas.

Estamos a vivir unha situación excepcional que require da nosa creatividade e imaxinación para resolver os pequenos obstáculos do día a día.

ADMISIÓN ALUMNADO

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.  Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

Para máis información premede na icona da esquerda.

RUXI RETOS

 Ainda estades a tempo de enviar as vosas fotos ou vídeos! Por se non vos gusta debuxar, deixamos un modelo para descargar ou copiar.

Premede AQUÍ para descargalo.

Xa comezaron a chegar as primeiras fotos e vídeos! Grazas a tod@s! 

Os vosos mestres e mestras tamén están a participar. Animádevos!

Nenos e nenas do Ruxidoiro: ATENCIÓN!

PAUTAS PARA REALIZAR TAREFAS DESDE CASA

                                   

Estimadas familias,

Ante esta situación tan delicada que estamos a vivir, o equipo directivo e o claustro de profesorado queremos enviar  o noso apoio e agarimo a todas as familias e membros da comunidade educativa para sobrelevar da mellor maneira posible a medida de confinamento nas casas.

É posible que os vosos fillos e fillas, sobre todo os máis pequenos, non entendan o que está a acontecer. A nosa recomendación é que intentedes explicarlles dunha maneira sinxela os motivos polos que temos que cambiar as nosas rutinas, sen alarmismos nin excesiva preocupación. Aproveitade tamén a ocasión para falar de empatía e solidaridade, dous valores tan necesarios nestes momentos. A vosa labor é fundamental como modelos para os vosos fillos e fillas. 

RECOMENDACIÓNS SOBRE O CORONAVIRUS

 

       XOGAMOS?

                                       

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut