Skip to Content

OLIMPÍADAS TERRORÍFICAS

Xa comezan a chegar as primeiras creacións con material de refugallo.

Que medoooo!

Se queredes participar, traede as vosas creacións terroríficas antes do 23 de outubro. Lembrade que tedes que utilizar material de refugallo e inspirarvos nos personaxes de Samaín practicando deporte.

Animádevos a participar!

SAMAÍN 2019

O Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizan un concurso de

MICRO-RELATOS DE TERROR

para o alumnado de 5º e 6º. Os relatos deberán entregarse ao profesorado titor nas aulas. Revisarase a ortografía, a boa letra e unha axeitada presentación. Podedes ilustrar o voso micro-relato como queirades. Lembrade que teñen que ser orixinais así que usade toda a vosa creatividade e imaxinación.

Os traballos serán expostos na web e, ademais, o día do Samaín faremos unha sesión de contacontos dos maiores aos máis pequenos.

Animádevos a participar!

O Equipo de Biblioteca, o Equipo de Actividades complementarias e extraescolares e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocan as

OLIMPÍADAS TERRORÍFICAS.

Fabricade ou deseñade un personaxe de Samaín practicando algún deporte. Por exemplo, Drácula xogando ao baloncesto cun ollo de monstro.

APRENDEMOS XOGANDO!

Este curso comezamos a aprender dunha maneira máis lúdica e divertida. O alumnado de 3º e 4º utiliza tabletas nas clases de lingua, lengua e matemáticas. Quen dixo que aprender é aburrido?

No Ruxidoiro NON!!

14 DE Outubro

O luns 14 celebramos o Día das Mulleres Escritoras co lema Mulleres, amor e Liberdade. No vestíbulo do centro temos unha pequena escolma de libros escritos por mulleres. Pasade a botar unha ollada!

REUNIÓN INFORMATIVA INFANTIL

CURSO 2020-2021

VENRES, 4 DE SETEMBRO DE 2020

Reunión do alumnado de 6º de Educación Infantil: grupo A

Titora:  Ánxela González Cid

Hora: 12:00

Lugar: patio de infantil

Reunión do alumnado de 6º de Educación Infantil: grupo B

Titora:  Mª Carmen Carrera Barracel

Hora: 12:30

Lugar: patio de infantil

Os nenos /nenas non poderán vir ás reunións. Só poderá asistir un responsable por neno/a. É obrigatorio o uso de máscara. Á entrada haberá un dispensador de xel hidroalcohólico para a hixiene de mans antes de entrar ademais de manter a distancia de seguridade en todo momento.

 Entrarase pola porta de infantil. A reunión terá carácter informativo cunha duración de media hora. Non se poderá acceder ao centro nin ás aulas.

 

As familias podedes traer o material e xa se encargan as titoras de levalo ás aulas. Agradecemos a súa colaboración.

 

LUNS, 7 DE SETEMBRO DE 2020

Reunión do alumnado de 5º de Educación Infantil: grupo A

Titora:  Ana Belén Pousada Calvo

Hora: 12:00

Lugar: patio de infantil

Reunión do alumnado de 5º de Educación Infantil: grupo B

Titora:  Eva Mª Mojón Morán

Hora: 12:30

 Lugar: patio de infantil

Os nenos /nenas non poderán vir ás reunións. Só poderá asistir un responsable por neno/a. É obrigatorio o uso de máscara. Á entrada haberá un dispensador de xel hidroalcohólico para a hixiene de mans antes de entrar ademais de manter a distancia de seguridade en todo momento.

 Entrarase pola porta de infantil. A reunión terá carácter informativo cunha duración de media hora. Non se poderá acceder ao centro nin ás aulas.

As familias podedes traer o material e xa se encargan as titoras de levalo ás aulas.Agradecemos a súa colaboración.

LUNS, 7 DE SETEMBRO DE 2020

Reunión do alumnado de 4º de Educación Infantil: grupo A

Titora:  María Rodríguez Rodríguez

Hora: 09:30- 10:00 ( unha quenda de máximo 9 responsables)

Deixarase libre o espazo durante quince minutos para limpar e ventilar

Lugar: salón de actos

Hora: 10:15- 10:45 ( unha quenda de máximo 9 responsables)

Lugar: salón de actos

Reunión do alumnado de 4º de Educación Infantil: grupo B

Titora:  Beatriz Álvarez Rodríguez

Hora: 11:00- 11:30 (unha quenda de máximo 9 responsables)

Deixarase libre o espazo durante quince minutos para limpar e ventilar

Lugar: salón de actos

Hora: 11:45- 12:15  (unha quenda de máximo 9 responsables)

 Lugar: salón de actos

Os nenos /nenas non poderán vir ás reunións. Só poderá asistir un responsable por neno/a. É obrigatorio o uso de máscara. Á entrada haberá un dispensador de xel hidroalcohólico para a hixiene de mans antes de entrar ademais de manter a distancia de seguridade en todo momento.

 Entrarase pola porta principal. A reunión terá carácter informativo cunha duración de media hora. Non se poderá acceder ás aulas.

As familias podedes traer o material e deixalo en conserxería e xa se encargan as titoras de levalo ás aulas.

Agradecemos a súa colaboración.

REUNIÓN INFORMATIVA INFANTIL

DÍA DO DEPORTE

O alumnado de quinto de primaria participou nunha actividade organizada polo Concello de Barbadás. No parque da Liberdade o alumnado disfrutou dunha actividade colectiva onde a música e o exercicio físico foron os protagonistas. No Ruxidoiro non paramos!

Bibliopatio en infantil

O alumnado de infantil pode ler contos  no patio. a Bibliopatio xa está aberta!

Cantamos en francés!

O alumnado de 5º de infantil anda preparándose para facer unha viaxe a... París. Así que está aprendendo algo de francés. Como estes nenos e nenas son moi aplicadas logo aprenderon unha canción en francés. Velaí tedes o resultado!

HORTA ESCOLAR

O Concello de Barabdás oferta a continuación da actividade escolar para traballar na Horta escolar. 

A actividade vai dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º.

Animádevos a meter as mans na terra, sementando e coidando da nosa hortiña os xoves de 16:30 a 18:00.

Pedide a ficha de inscrición na conserxería do centro. 

Animádevos! Comezamos en outubro!

 

MERENDAS PARA O RECREO

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut