Skip to Content

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2019

 

ACTIVIDADES DE ENTROIDO

OBRADOIROS CON SABELA GAGO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O martes 19 de febreiro tivemos unha actividade moi entroideira. Visitounos Sabela Gago acompañada de Flor para facer un obradoiro de compadres e comadres. Pasámolo pipa facendo os nosos bonecos. O xoves 21 o alumnado de 4º e 5º de primaria e os pequechos de 3 anos irán "correr" os compadres.

Rapazas, estades preparadas rapazas para defender o voso compadre?  Rapaces,  almorzade ben para coller moit enerxía para correr e poder roubar o compadre.

             Morran, morran os compadres!

                  Fóra brazos e pernas,

              que non quede vivo ningún,

Obradoiros de entroido

O alumnado de 4º e 5º realizou obradoiros para facer os compadres e as comadres. O xoves 21 comezamos co XOVES DE COMPADRES. Preparádevos rapazas!

CITAS A CEGAS CON...

Que andará argallando o equipo de biblioteca?

Se queres ter unha CITA A CEGAS cos libros e levar unha boa sopresa,

visitade a nosa biblioteca! No Ruxidoiro sentimos moito AMOR polos libros!

LETREANDO EN INFANTIL

Na clase de 3 anos, como estes días choveu moito,

aproveitamos para aprender palabras

relacionadas coa chuvia. A primeira: PARAUGAS

XOGAMOS ÁS CHAPAS

Neste cole somos ben aproveitadiños;

utilizamos as liñas pintadas no chan para xogar coas chapas.

QUECEMENTOS ESTILO RUXIDOIRO

O pasado sábado 9 de febreiro, parte do noso alumnado participou no campionato provincial escolar de Campo a través no Complexo Deportivo de Monterrey.

Desta maneira tan orixinal, ao estilo do Ruxidoiro, comezamos o quecemento.

Ademais de facer deporte, tivemos o noso ratiño para botar unhas risas cos compañeiros e coas compañeiras. Noraboa a todos e todas polo espírito deportivo!

 

DÍA DA PAZ

Que andaremos argallando para o mércores, 30 de xaneiro?

A nosa árbore xa se vai enchendo de mensaxes e desexos de Paz.

Nas aulas coñecemos distintas mulleres que fixeron grandes contribucións á Paz e deixamos boa constancia diso cunhas caixas decoradas cos datos de cada pacifista.

E mañá? Que faremos no colexio? Espéranvos unhas cantas sorpresiñas!Risa

O Ruxidoiro sinte, vive e constrúe a Paz!

Dereitos dos nenos e das nenas

Nas aulas de infantil traballamos sobre os dereitos dos nenos e das nenas, segundo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, declaración de desexos e aspiracións para a maioría da poboación mundial que foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas hai cincuenta anos e segue a ser un ideal máximo da Humanidade.

Distribuir contenido


by Dr. Radut