Skip to Content

MERENDAS PARA O RECREO

Lembrade que no Ruxidoiro fomentamos as merendas saudables.

           Os mércores toca LÁCTEOS: queixo, bebibles, iogur...

Fotos e Vídeos

Xa podedes descargar as fotos e os vídeos do primeiro trimestre,

nas que dámos boa conta do traballo realizado ao longo dos últimos

meses do ano.

Para ver vídeos clicade AQUÍ

Para ver as fotos, podedes ver a sección do FOTOS na marxe dereita desta páxina.

 

O día 8 de xaneiro volvemos ao cole coas pilas cargadas e bos propósitos para o 2020.

Felices festas!

Cos nosos mellores desexos para o 2020.

                   Felices festas!

Chega o Nadal!

           

Estamos a piques de rematar este trimestre. queremos agradecer ás

familias pola colaboración para decorar a nosa árbore de Nadal.

Ademais, deixamos unha mostra das postais que participaron no

concurso para escoller a postal de felicitación do colexio.

O venres 20 enviaremos a nosa felicitación coas postais gañadoras.

25 DE NOVEMBRO

QUE SE CONMEMORA O 25 DE NOVEMBRO?

 

 

Minerva, Patria e María Teresa Mirabal naceron nunha familia acomodada
na República Dominicana.

Foron nais, esposas, universitarias e activistas políticas.

MAGOSTO 2019

Un ano máis, o alumnado de sexto traballaou arreo organizando e levando a cabo os xogos populares.

Foron un éxito. Grazas, de novo, pola vosa colaboración, sempre cun sorriso e boa disposición!

Nuns días colgaremos o vídeo con todas as fotos e vídeos desta celebración no colexio. Estade atent@s!

 

 

O vindeiro martes 12 de novembro celebraremos o magosto no colexio.

Para colaborar coa festa o alumnado deberá traer unha bolsiña de castañas xa amoxetadas.

Comezaremos cunha xincana de xogos populares a cargo do alumnado de sexto como voluntari@s. Tragacastañas, as chapas, carreiras de sacos, turrasoga, o pano e moitos máis!

Despois dos xogos, para recuperar forzas, o centro convidará ao alumnado a un boliño preñado.

Ademais, teremos a visita dunha castañeira coa que nos poderemos sacar fotos que subiremos á web do centro. (só o alumnado con autorización).

Remataremos a xornada coas tradicionais castañas asadas e música popular.  

No comedor haberá un menú típico de magosto.

SAMAÍN 2019

Mouchos, coruxos, sapos e bruxas

demos, trasnos e diaños...

É o conxuro da queimada? Non, son as Olimpíadas terroríficas do Ruxidoiro. Chegou esta bruxiña para presentar aos gañadores e gañadoras do concurso de micro-relatos de terror.

Aí tedes ao alumnado que encheu de historias de medo o noso colexio. Pasámolo de medo!

NORABOA A TODOS E TODAS!

XA PODEDES DESCARGAR O VÍDEO DO SAMAÍN!

BUSCADE NA GALERÍA DE VÍDEOS OU PREMEDE NESTA IMAXE

 

 

OLIMPÍADAS TERRORÍFICAS

Xa comezan a chegar as primeiras creacións con material de refugallo.

Que medoooo!

Se queredes participar, traede as vosas creacións terroríficas antes do 23 de outubro. Lembrade que tedes que utilizar material de refugallo e inspirarvos nos personaxes de Samaín practicando deporte.

Animádevos a participar!

SAMAÍN 2019

O Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizan un concurso de

MICRO-RELATOS DE TERROR

para o alumnado de 5º e 6º. Os relatos deberán entregarse ao profesorado titor nas aulas. Revisarase a ortografía, a boa letra e unha axeitada presentación. Podedes ilustrar o voso micro-relato como queirades. Lembrade que teñen que ser orixinais así que usade toda a vosa creatividade e imaxinación.

Os traballos serán expostos na web e, ademais, o día do Samaín faremos unha sesión de contacontos dos maiores aos máis pequenos.

Animádevos a participar!

O Equipo de Biblioteca, o Equipo de Actividades complementarias e extraescolares e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocan as

OLIMPÍADAS TERRORÍFICAS.

Fabricade ou deseñade un personaxe de Samaín practicando algún deporte. Por exemplo, Drácula xogando ao baloncesto cun ollo de monstro.

APRENDEMOS XOGANDO!

Este curso comezamos a aprender dunha maneira máis lúdica e divertida. O alumnado de 3º e 4º utiliza tabletas nas clases de lingua, lengua e matemáticas. Quen dixo que aprender é aburrido?

No Ruxidoiro NON!!

Distribuir contenido


by Dr. Radut