Skip to Content

A NOSA HORTA

O alumnado de infantil xa comezou a traballar na hortiña. Plantaron cebolas, leitugas, cenorias e amorodos.

Aprendemos unha alimentacion saudable con produtos naturais que ademais cultivamos nós. Que ben nos van saber!

Celebramos o Día da árbore cunha pequena camiñata.

O pasado 22 de marzo conmemoramos o Día da árbore cunha pequena camiñata ata o Parque dos cans de Barbadás. Ao longo do camiño fixámonos nos sinais e respectamos os pasos de peóns e camiñamos pola beirarrúa por parellas, prestando atención aos cruces e aos coches. Lembramos que aínda que nos pasos de peóns temos preferencia, sempre hai que mirar á esquerda e á dereita antes de cruzar. Camiñamos sempre con seguridade!

Charla sobre alimentación saudable.

O pasado venres 15 de marzo, o alumnado de 4º de primaria tivo unha charla sobre alimentación saudable. 

A roda dos alimentos é un símbolo en forma de círculo que se divide en segmentos de diferentes tamaños que se designan por Grupos e que reúnen alimentos con propiedades nutricionais semellantes. Cada un dos grupos presenta funcións e características nutricionais específicas, polo que todos eles deben estar presentes na alimentación diaria, non debendo ser substituídos entre si.

Diariamente debemos comer porcións de todos os grupos de alimentos. O número de porcións recomendado depende das necesidades enerxeticas individuais: non precisa a mesma cantidade unha nena que fai deporte que unha nena da mesma idade que leva unha vida máis sedentaria.

Pegadas de muller: Ángeles Alvariño

No proxecto "Pegadas de muller", o alumnado de 1º de primaria traballou sobre a figura de Ángeles Alvariño.

CONTACONTOS CON...

O pasado 27 de febreiro tivemos unha visita moi especial no noso colexio: Paula Carballeira, unha contadora de historias fermosas e moi divertidas. Charlamos sobre o seu libro "Bruxa e familia" e foi moi amable de asinar todos e cada un dos libros que lle demos. Con todo o que escribiu case lle dá para escribir outro libro! Guiño

Esperamos que nos faga outra visita!

Gústame o cole porque...

O alumnado de infantil preparou este vídeo sobre o noso cole.

Non hai mellor embaixadores do centro que os propios protagonistas!

PORTAS ABERTAS

Grazas ás familias que se achegaron ao noso centro para coñecer de primeira man a nosa forma de traballar.

Agradecemos, tamén, aos nenos e nenas e ás educadoras da Escola Infantil de Barbadás pola visita ao noso cole o venres 22. O alumnado de infantil do noso centro quedou encantado con iso de facer de "maiores" cos pequerrechos.Guiño

Para aquelas familias que teñades interese en coñecer o noso proxecto educativo, podedes poñervos en contacto e concertar unha visita.

TELÉFONO: 988 392838

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Xa plantamos preto do horto as árbores que tivemos na entrada o curso pasado. Agora temos unhas novas para ir creando os espazos verdes do centro. O horto escolar xa vai collendo xeito, non si? Ata temos un composteiro que xa fai facendo a súa labor.

En marzo, para o Día da árbore, temos pensado plantar unha árbore por cada nivel para que cada clase se faga responsable do seu coidado. Seguro que xa están pensando en poñerlles nome como as mascotas!

Para o vindeiro curso contamos con varias actividades extraescolares (robótica, Play and learn, baile, horto escolar, circo científico, hockey, bádminton, fútbol, música e movemento...) en horario de 15:30 a 17:30 de luns a venres. Algunhas está organizadas polo Concello e outras, para completar o horario, está organizadas pola ANPA do colexio. 

Como novidade para o curso 2019-2020, ofertaranse algunhas actividades para o alumnado de 3 anos. 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Na clase de 4º coñecemos con detalle a obra de Rosalía de Castro, a nosa galega máis universal. Ademais de ser a abanderada da morriña e da patria, Rosalía foi unha pioneira do feminismo na literatura, muller transgresora para a súa época.

Ademais de aprender sobre a poetisa galega, aprendemos a traballar en equipo potenciando os nosos talentos e habilidades.

MANDADOS DO MECO

COMEZAMOS A TROULEAR O LUNS 25 DE FEBREIRO. VIVA O ENTROIDO!

Distribuir contenido


by Dr. Radut