Skip to Content

RUXI RETOS

 Ainda estades a tempo de enviar as vosas fotos ou vídeos! Por se non vos gusta debuxar, deixamos un modelo para descargar ou copiar.

Premede AQUÍ para descargalo.

Xa comezaron a chegar as primeiras fotos e vídeos! Grazas a tod@s! 

Os vosos mestres e mestras tamén están a participar. Animádevos!

Nenos e nenas do Ruxidoiro: ATENCIÓN!

                                              Resultado de imagen de altavoz emoji

Queredes estar conectad@s con nós e cos vosos compañeiros e compañeiras participando nos retos solidarios que imos propoñer?

Cada semana imos lanzar un Ruxi Reto. Seguide as instrucións e ao finalizar a semana publicaremos unha sorpresiña con todas as vosas aportacións.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

 

RUXI RETO 1: MENSAXE SOLIDARIO

Hai un bechiño moi rebelde que anda circulando sen  permiso pola rúa. É moi sociable e gústalle quedar onde hai xente pero cando chega onde nós non nos deixa en paz. Fainos tusir, ter febre e parece coma se nos faltara o aire. Chámase Coronavirus e non nos gusta que quede entre nós. Temos que botalo fóra!

A mellor medicina para combatilo é quedar en casa, cumprir as instrucións que nos indican as autoridades sanitarias e axudar á nosa familia no que nos pidan.

Pero, non todos podemos quedar en casa! Hai moitos profesionais que están a facer un gran esforzo para os demais: o persoal sanitario que coida de nós, o persoal que traballa nos supermercados, transporte, tendas, o persoal de limpeza, policías, garda civil, bombeiros, persoal de asistencia á maiores e dependentes...

E moitos máis que nos fan a vida máis doada e máis segura.

Este persoal necesita do noso apoio e como non podemos saír ás rúas imos facer o noso reto en casa. Teñen que saber que os apoiamos e que estamos agradecidos pola seu esforzo.

Comezamos!

1.- Debuxa un arco da vella e escribe unha mensaxe de apoio. (despois pode quedar pegado na ventá da túa habitación como mostra de apoio)

2.- Podes enviar o teu debuxo ou ben gravar un pequeno vídeo amosando a túa obra de arte e dicindo a túa mensaxe engadindo #euquedonacasa.

Por exemplo: Grazas pola vosa labor. Eu quedo na casa

3.- Enviar o teu vídeo, debuxo a este correo do cole:

ceiporuxidoiro@gmail.com

Indica o teu nome e apelidos e o curso e autorización das vosas familias para publicalo.

 Lembrade que todos os días ás 20:00h saímos aos balcóns, ás ventás a aplaudir para amosar o noso agradecemento.

 

ESPERAMOS AS VOSAS MENSAXES.

NO RUXIDOIRO SOMOS SOLIDARIOS!

#RUXIDOIROSOLIDARIO

#EUQUEDONACASA

 



story | by Dr. Radut