Skip to Content

FIN DE TRIMESTRE

Estimadas familias, 

Xa faltan poucos días para que remate este trimestre. Xa vamos colgando no noso árbore os adornos de nadal feitos polo alumnado.

Lembrade que o mercadiño solidario da ANPA estará aberto os seguintes días:

- O xoves 20: de 16:00h a 17:30h 

- O venres 21: a partir das 12:00h

O venres 21, as familias do alumnado de infantil e 1º, 2º de primaria estades convidados ao festival de Nadal. Desenvolverase en dous actos:

- 1º Acto: alumnado de infantil, ás 11:00h

- 2º Acto: alumnado de 1º e 2º, ás 12:30h

O venres 21 as clases rematan ás 14:15h polo que o alumnado non poderá saír do centro ao remate do festival, agás por causa xustificada. Agradecemos que respecten os horarios de saída e as actividades organizadas polo profesorado para o alumnado.

As notas entregaranse ao alumnado o venres 21.

Vémonos á volta das vacacións, o martes 8 de xaneiro.

Grazas pola vosa colaboración!

FIN DE TRIMESTRE


image | by Dr. Radut