Xogos

I torneo de bádminton

Durante o mes de maio desenvolveuse no centro o I torneo de bádminton. Nel participou todo o alumnado de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria nas categorías de individual e dobres.

Nas seguintes imaxes podes ver o cadro de honra:

 
Individuais Dobres
 
Premio ao xogo limpo e deportista revelación

 

Galería de imaxes da final do torneo:

Infórmate no blog de educación física das clasificacións do torneo.

http://boborasenxogo.blogspot.com.es/

Acrosport

O alumnado do centro está a participar nunhas sesións de acrosport que se organizaron desde o área de Educación Física e coas cales están disfrutando moitísimo. No seguinte vídeo (clica na imaxe), podemos observar algún dos exercicios que levan realizado.

No blog de Educación Física "Boborás en xogo", podedes ver o mesmo vídeo  dos exercicios, e tamén a ligazón a todas as fotos. (Clica abaixo).

 

Exhibición de bádminton no colexio.

O 6 de xuño, día de San Norberto, tivemos no centro a presenza de dous xogadores da elite do bádminton español: Bruno e David. Ambos, están adestrándose no Centro de Alto Rendemento e Tecnificación Deportiva da Estrada.

Ensináronnos cales son os golpes básicos deste deporte olímpico, poñéndoo en práctica con espectaculares movementos.

Tamén realizaron unha demostración de rutinas que fan para adestrar. Ao final da exhibición, realizaron un pequeno partido no cal nós participamos como seareiros dos dous xogadores.

Para rematar, intentamos por en práctica algún dos golpes aprendidos... como non deu tempo a moito máis xa estamos desexando que chegue a hora de Educación Física para coller as raquetas e darlle o máis forte posible aos volantes...

 

Galería de imaxes

O que podemos facer coa corda

Seremos quen de facer unha montaxe coma esta?

Xogos Populares

Nenos xogando 

O mércores pola tarde teremos a visita do profesor Lito para disfrutar dos xogos populares.

 

 

 

 

 

Aros

AROS

Para este xogo precisábase un aro (ou roucha) dun caldeiro vello, e dun pao que no fondo tivera un ferro con forma de gancho (ou raño).

O xogo consistía en ir empuxando o aro co gancho ou guiadeira sen que este caese.

Pódense facer carreiras, circuítos ou pillas entre eles.

Zancos

ZANCOS

En tempos íase ao monte a cortar dúas gallas de carballo, procurando que cara ao fondo hobese un bo gallo. Debaixo deste deixábase un anaco de pao, tanto máis grande canto máis alto se pretendera andar do chan.

Se non se encontraban ramas, servían dous paos dereitos, nos que se cravaban uns tacos anchos de madeira.

A ra

A RA

O xogo da ra consta dunha mesa cunha ra, un muíño, dúas pontes, catro pozos, así como de cinco peios de ferro.

Baixo a mesa haberá unha gabeta dividida en tantos compartimentos coma furados, nos que existe unha puntuación correspondente a cada un.

Cada xogador lanzará cinco peios, sumándose a súa conta os tantos obtidos. Só son válidos os puntos cando o peio cae no compartimento correspondente da gabeta. A liña de lanzamento colocarase a tres metros de distancia do mesado.

A chave


A CHAVE


É sen dúbida o xogo galego máis estendido, popularizado e cun maior número de variantes e "asociacións-federacións".

O terreo de xogo será unha superficie dura rectangular, libre de obtáculos, con un desnivel non superior o 10%.

A distancia entre a base da chave e a liña de lanzamento será de 20 m, debendo situarse o xogador que lanza os pesos, detrás da liña sen pisala.

A Virolla

A VIROLLA
Este xogo consta de catro elementos que son:
A cega (un cadrado feito de madeira),
a virolla (un triángulo de madeira),
nove birlos e
unha bóla.

O primeiro en colocarse é a cega, a un paso desta, a virolla, a outro paso, os nove birlos (dependendo da zona teñen unha colocación ou outra) e a once pasos debuxarase a liña de lanzamento.

O lanzamento ten que ser paralelo ao chan e o xogador ten que ter os pés por detrás da liña.

Distribuir contido