Skip to Content

                              

Xogos

Bolos ao canteiro

BOLOS AO CANTEIRO

Tamén chamados birlos ao canteiro.

Precísanse dúas ou máis bólas, construídas de madeira dura e de un a tres quilos, e de cando menos 9 birlos. Debe observarse que tanto uns como outros escachan ou deterióranse con facilidade; por iso a necesidade de ter repostos.

Os birlos teñen enttre 7-10 cm de altura. Hainos sen tornear, cos dous extremos cortados permitindo mantelos dereitos no chan, e torneados, cunha soa cara de apoio e coa outra en forma de lámpada eléctrica.

O pino

O Pino
Xogábase ao longo de todo o ano, aínda que se houbera que escoller unhas datas, estas centraríanse nos meses de verán, coincidindo coas festas patronais.

Era xogo de mozos, porque a meirande parte das veces era xogo de resolución de conflitos entre dous grupos de mozos de aldeas veciñas, a maior parte das veces derivado de problemas amorosos. Xogábase tamén por pasar o rato.

Os elementos de xogo son as cachonas e as porcas

A porca

A PORCA

Trátase dun xogo moi estendido pola provincia, con elementos semellantes ao hoquei.

Foi un xogo de nenos e nenas, fundamentalmente xogado no inverno, nun espacio aberto e amplo namentres se coidaba do gando.

Os elementos do xogo son un pao (caneira, moca), feito tradicionalmente de uceira, de cuatro a seis cuartas de lonxitude, e unha bóla (porca, pino), feita de madeira dura e de seis a doce centímetros de diámetro.

Distribuir contido


by Dr. Radut