Skip to Content

                              

A chave


A CHAVE


É sen dúbida o xogo galego máis estendido, popularizado e cun maior número de variantes e "asociacións-federacións".

O terreo de xogo será unha superficie dura rectangular, libre de obtáculos, con un desnivel non superior o 10%.

A distancia entre a base da chave e a liña de lanzamento será de 20 m, debendo situarse o xogador que lanza os pesos, detrás da liña sen pisala.

A chave será unha peza de ferro en forma de cruz, con doble aspa, a superior máis pequena que a inferior.

Os pesos serán redondos e planos, alisados polas dúas caras, debendo ter 500 a 550 gramos de peso e serán iguais.

En cada partida participarán obrigatoriamente catro xogadores emparellados dous a dous.

Lanzarán os pesos de dous en dous xogadores, un de cada parella.

A puntuación oficial de cada partida é de 21. Cada lanzamento de dé na chave, terá gañado un tanto, tendo que ser a tiraxe directa, sen rebotes, nin tocar antes no chan.

Ata o punto 15, todos os tantos suman. A partires de que un xogador chegue a 15 puntos, á suma dos puntos obtidos nunha tiradaréstanse os obtidos polo contrincante; pasando a diferencia a sumarse a aquel que lle sexa favorable.

A chave ten que colocarse só antes do turno de cada xogador.

Os xogadores observarán unha conduta correcta de dedeportividade e respecto cara aos rivais, no momento de lanzar os pesos, debendo separarse como mínimo 2 m e manténdose fóra da liña de tiro en absoluto silencio.

Do mesmo xeito quen estea colocando a chave gardará unha distancia semellante á mencionada antes, e non farán xestos nin movementos que poidan distraer ou molestar ao lanzador.

 



page | by Dr. Radut