Skip to Content

                              

Zancos

ZANCOS

En tempos íase ao monte a cortar dúas gallas de carballo, procurando que cara ao fondo hobese un bo gallo. Debaixo deste deixábase un anaco de pao, tanto máis grande canto máis alto se pretendera andar do chan.

Se non se encontraban ramas, servían dous paos dereitos, nos que se cravaban uns tacos anchos de madeira.

Podíanse facer apostas e competicións para ver quen chegaba antes a un determinado lugar sen caer dos zancos, pero o ordinario era que anduveranpola vila a meterse nos charcos, ou a facer a valentía de quen se metía no lugar máis fondo dunha lamagueira.



page | by Dr. Radut